O BNG propón unha zona para artesanía e produtos locais no Festival Folk de Guísamo

David Carro: "Podemos sacar partido ao festival para que se coñeza, se comercialice e se poña en valor a artesanía, produtores e produtoras da zona, creando unha zona de postos dentro do festival"

O BNG propón unha zona para artesanía e produtos locais no Festival Folk de Guísamo

Bergondo, 16 de abril de 2024.- O pleno de Bergondo aprobou por unanimidade, cunha pequena emenda do PSOE, a proposta do BNG para converter o Festival Folk de Guísamo nun novo escaparate para artesanía, persoas produtoras ou pequenas empresas da localidade e a comarca, interesadas en comercializar ou dar a coñecer os seus produtos neste evento que xa é unha data consolidada no panorama festivo do verán.

"Podemos sacar partido ao festival para que se coñeza, se comercialice e se poña en valor a artesanía, produtores e produtoras da zona, creando unha zona de postos dentro do festival", indicou o portavoz nacionalista David Carro. 

"Propuxemos que para comezar, se solicitase para isto a axuda da Reserva da Biosfera, posto que alí xa contan cunha base de datos de produtores e produtoras locais e de artesanía que poderían ter interese na iniciativa, aínda que non sexa requisito indispensábel a pertenza a esta para poder instalarse", expuxo Carro.

O BNG propón unha zona para artesanía e produtos locais no Festival Folk de Guísamo