O BNG de Bergondo ven de propoñer que o Concello inste a Xunta a levar a cabo actuacións para mellorar a ventilación do CPI Cruz do Sar
"Logo de asesorarnos sobre as posibilidades do centro concluimos que a instalación dun sistema de recuperación de calor e purificador do aire seria unha boa opción, que permitiria dar seguridade solventando a problemática que antes describimos, ademáis a inversión neste sistema melloraria tamén a calefacción do centro "
Bergondo, a 9 de decembro de 2020. O BNG de Bergondo ven de propoñer que o Concello inste a Xunta a levar a cabo actuacións para mellorar a ventilación do CPI Cruz do Sar para non ter que estar coas xanelas abertas durante toda a xornada lectiva, medida levada a cabo para conter a expansión da Covid19 que esta a causar controversia.
"Pais e nais do alumnado do Cruz do Sar manifestaronnos o seu malestar por esta medida, xa que o alumnado pasa moito frio nas clases, chegando a levar mantas, a pesar de non ter chegado todavía o inverno, e algúns situados máis próximos as xanelas xa teñen faltado por catarros graves", indicou o portavoz do BNG David Carro. "Logo de asesorarnos sobre as posibilidades do centro concluimos que a instalación dun sistema de recuperación de calor e purificador do aire seria unha boa opción, que permitiria dar seguridade solventando a problemática que antes describimos, ademáis a inversión neste sistema melloraria tamén a calefacción do centro " expuxo Carro.
"Dende o BNG instamos ao Goberno Local a reclamar a Xunta que asuma o custe desta obra da súa competencia para que o noso alumnado conte cunhas condicións optimas para a súa formación. O investimento nunha educación pública e de calidade é fundamental para os que están chamados a ser o noso futuro, e contar cunhas instalacións dignas tamén forma parte diso" concluiu o voceiro nacionalista.