O BNG traslada ao Parlamento a problemática do transporte escolar e o comedor no Cruz do Sar
Bergondo, 2 de abril de 2014. O BNG traslada ao Parlamento as queixas das nais e pais do CPI Cruz do Sar sobre o autobús escolar e o servizo de comedor.
As nais e pais do alumnado do CPI Cruz do Sar, veñen manifestando desde principios deste curso o seu malestar pola decisión da Educación tomou de non facilitar transporte escolar aos alumnos e alumnas que non fagan uso do servizo de comedor, como fixo público a ANPA o pasado sábado, explicou David Carro do BNG de Bergondo.
Desde principios deste curso o servizo de comedor deixou de ser gratuíto para ter que asumir os pais e nais un copago de até 4.5 euros, indicou Carro. Os nacionalistas presentaron unha serie de preguntas no Parlamento galego preocupandose por esta situación e reclamando unha solución.
Parécenos inxustificábel que os alumnos e alumnas que non fan uso do comedor, sexa porque non queren ou non poden afrontar o seu custo, teñen que agardar desde as 14:25, hora de remate das aulas, ata as 15:00 h para poder facer uso do autobús gratuíto, denunciou David Carro, quen asegurou que a Consellería de educación ten coñecemento desta situación e non ofreceu alternativa ningunha máis que que os pais e nais vaian ao centro a recoller ás súas crianzas.
O grupo parlamentar do BNG exixiu á Consellería algunha medida para solucionar esta situación e que reconsidere a súa decisión de establecer un copago no comedor escolar
Ademais, durante eses 35 minutos que os nenos e nenas teñen que esperar non hai ningún adulto responsábel do seu coidado e atención. Esta situación significa na práctica a exclusión destes nenos e nenas do servizo de transporte escolar, denunciou Carro.
O grupo parlamentar do BNG exixiu á Consellería algunha medida para solucionar esta situación e que reconsidere a súa decisión de establecer un copago no servizo de comedor escolar.