O BNG critica un recoñecemento de facturas de 165 500 euros por fóra do orzamento
Oza dos Ríos, 21 de maio de 2014. O BNG de Oza dos Ríos critica que o goberno local teña que levar a pleno un recoñecemento de crédito de 165 500 euros para axustar un orzamento de 4.360 000. É escandaloso que o alcalde queira axustar o orzamento co remanente dos investimentos que non fixo informou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos. Se sobran cartos é por que moitas das parroquias do noso concello seguen sen contar con servizos básicos como o sameamento, non por que teñamos un xestor eficiente ou a fusión sexa a panacea, como nos queren facer ver engadiu Busto.
Non sabemos as razóns polas que quedaron estas facturas por pagar, malia termos rexistrada unha queixa no Valedor do Povo, ségesenos negando a información
As partidas que amplían están destinadas a servizos privatizados, isto non é máis que clientelismo, están adxudicadas a dedo, non houbo concursos
Os nacionalistas tamén cuestionan o incremento das partidas destinadas aos pagamentos pola enerxía eléctrica, Isto é unha mostra máis de que o orzamento do novo concello fusionado era ficticio, ou acaso non sabían o que tiñan que pagarlle a FENOSA
Do mesmo xeito, o BNG criticou o aumento dos gastos en atencións protocolarias e publicidade xa denunciamos no seu momento o escandaloso destas cifras, mais vese que non lles chega para seguir vendendo as bondades da fusión, que por outra banda, as veciñas e veciños aínda non percibimos concluíu Busto.