Reclamamos á Xunta que cubra as vacacións no Centro de saúde da Castellana
Se hai un mes e medio o BNG de Aranga denunciaba a redución do horario no centro de saúde de Muniferral, agora denuncian que no centro de saúde da Castellana non se está a cubrir as vacacións da médica de familia, polo que as usuarias do servizo só poden ser atendidos a partir das 11:30 da mañá.
Aranga, 22 de setembro. Se hai un mes e medio o BNG de Aranga denunciaba a redución do horario no centro de saúde de Muniferral, agora denuncian que no centro de saúde da Castellana non se está a cubrir as vacacións da médica de familia, polo que as usuarias do servizo só poden ser atendidos a partir das 11:30 da mañá.
Para o voceiro do BNG en Aranga, Carlos Díaz, esta redución horaria da atención sanitaria “é una proba máis da política de recortes en sanidade practicados pola Xunta do PP e súmase aos recortes sufridos durante o verán”.
Segundo o grupo nacionalista, esta redución horaria é unha mostra máis do desleixo do PP polos servizos públicos: “desde o BNG vimos denunciando a deterioración do servizo sanitario en Aranga, primeiro en Muniferral e agora na Castellana.”
Por outro lado, denuncian os nacionalistas, o SERGAS está a derivar aos usuarios do centro de saúde da Castellana e que necesiten atención médica non urxente antes das 11:30 ao centro de saúde de Présaras, no concello de Vilasantar.
O BNG anuncia que xa trasladaron estes recortes do Sergas en Aranga ao Parlamento galego e afirman que reclamarán ao Sergas que garanta a calidade do servizo e contrate persoal para cubrir as baixas e vacacións do persoal.
“Desde hai xa varios anos, o BNG ten presentado emendas ao orzamento da Xunta, para pedir precisamente que se garanta unha asistencia de calidade nos servizos medicos da comarca de Betanzos. A Xunta do PP nunca ten aceptado tales emendas e nestas estamos”, denuncia o portavoz do BNG no concello de Aranga, Carlos Díaz.
O BNG de Aranga convida ao resto de grupos políticos con representación na corporación, especialemente ao PP, a que denuncie a deterioración do servizo no centro da Castellana e reclame a cobertura das prazas necesarias para garantir a asistencia sanitaria urxente e non urxente no concello de Aranga.