montouto
Abegondo

O BNG pediu ao goberno local que solucione as deficiencias que presenta o local social de Montouto antes das eleccións

Desde o BNG trasladaron tamén outras demandas da veciñanza de Montouto como un parque infantil ou a necesidade de amañar as fochancas e verquidos de augas pluviais no terreo de diante da igrexa.

Blan G. Roel: “Desde o goberno municipal, despois de maio, revisaremos a actividade sociocultural de Abegondo para encher de actividade estes espazos públicos que permanecen pechados a maior parte do ano pola desidia do alcalde”

Ler novas
Abegondo

O BNG entrega 1.600 sinaturas no Parlamento para pedir o mantemento das liñas de autobús que conectan Vila de Cruces e Santiso coa Coruña

Logo de que transcendera que as conexións corrían o risco de ser suprimidas, a Xunta anunciou unha reordenación das liñas que, segundo explicaron as e os representantes do Bloque, “non convence a ninguén”. Así pois, consideran necesario que o Goberno galego non só garanta o mantemento das liñas senón tamén a mellora das mesmas. 

Ler novas