Pedimos á Xunta que comece o amaño da AC-840 tras aprobalo o pleno de Oza-Cesuras
O pleno de Oza-Cesuras aprobou esta mañá en sesión ordinaria a moción do BNG na que demandaban actuacións para a mellora da seguridade viaria na estrada AC-840. Este é un grave problema e a veciñanza está reclamando solucións, alegrámonos de que a nosa proposta fose aprobada e agardamos que os acordos aprobados hoxe se fagan efectivos canto antes.