Pedimos no Pleno que se garanta a seguridade na área recreativa de Reboredo

Demandamos do goberno local que realice as actuacións precisas para garantir a seguridade e saúde das persoas e mentres non se solucione que manteñan informada á veciñanza dos posíbeis riscos para a súa saúde, mais o PP negouse.

Pedimos no Pleno que se garanta a seguridade na área recreativa de Reboredo

 

Oza dos Ríos, 28 de xuño de 2016. O BNG Asembleas abertas de Oza dos Ríos presentou no pleno ordinario desta mañá unha moción de urxencia solicitando as medidas necesarias para garantir a seguridade na área recreativa e no río de Reboredo, informou Estefanía Busto, voceira do BNG-AA no concello de Oza e Cesuras. “O goberno municipal do PP rexeitou debater a moción alegando que a zona non é utilizada para o baño”, engadiu a voceira nacionalista.

“Recentemente vimos de saber que as análises da auga feitas pola Dirección Xeral de Saúde Publica detectaron contaminación biolóxica (un exceso de bacterias con unha carga de até  2.000 partículas por cada cen mililitros de auga) polo que se desconsella o baño” explican as nacionalistas, “polo que demandamos do goberno local que realice as actuacións precisas para garantir a seguridade e saúde das persoas e mentres non se solucione que manteñan informada á veciñanza dos posíbeis riscos para a súa saúde, mais o PP negouse” explicou Busto.

“A área recreativa de Reboredo sitúase nas inmedicións do río Mendo, trátase dun entorno con densa vexetación e habilitado para un uso lúdico, baño e pesca; moi visitado especialmente nos meses de verán” explican desde  o BNG, “por iso non entendemos que o PP non nos permitise sequera presantar a moción, xa estamos no verán e esta zona é moi visitada” engadiron as nacionalistas.

Despois dun importante investimento do Proxecto Mandeo (138.422 euros) no ano 2010, con actuacións destinadas á mellora da contorna e no propio río; construción de pasos sobre o río que permitan que poida cruzarse e a recuperación da piscina fluvial mediante a reparación das comportas para fecer unha represa. Posteriormente, no ano 2014 desenvolveuse un obradoiro para persoas desempregadas da Consellería de Emprego e Benestar no que tamén se realizaron melloras na zona.

“Malia os investimentos feitos polas administracións, a zona non presenta un bo estado, desde o BNG xa reclamamos en anteriores ocasións un correcto mantemento para este lugar” lamentou Busto

Pedimos no Pleno que se garanta a seguridade na área recreativa de Reboredo