carlos-diaz
Aranga
IMG_20190113_163556_063

Denunciamos que Fervenzas carece de servizos básicos

O goberno local está obrigado a levar os servizos a todas as aldeas: alumeado ou traída non deberían verse supeditarse á busca do voto. Toda Aranga perde cunha política clientelar. Os servizos son fundamentais para fixar poboación, pero as infraestruturas viarias son tamén imprescindíbeis. Temos un grande potencial non só no patrimonio natural e histórico, senón tamén na nosa localización ao pé da N-VI ou da A-6.” 

Ler novas
Aranga
BNG; 
Aranga;
17-novembro-2018

Propuxemos melloras nas aulas informáticas do Concello

“Non é de recibo dicir que inauguras aulas de informática se a maioría dos ordenadores son reciclados, sen unha boa conexión a internet, sen prestacións e necesitados de continua reparación.”

“É preciso tomarse en serio as subvencións e gastalas con moito tino; é vital investir para mellorar a calidade de vida da veciñanza e non para comprar vontades de cara ás vindeiras eleccións.”

“Pedimos un maior esforzo ao goberno para mellorar a oferta de programas informáticos e de cursos de formación axeitados á demanda dos usuarios e usuarias do servizo”.

“É fundamental ampliar o horario das aulas. Resulta incomprensíbel que despois de facer o investimento non se abran máis de dous días por semana.”

Ler novas
Aranga
ceip-da-castellana_img150128t0

Criticamos a negativa do PP a financiar reformas no CEIP da Castellana

O BNG de Aranga denuncia que os orzamentos aprobados en solitario polo PP non inclúen partidas específicas para o seu concello e lamentan que os populares rexeitasen unha serie de propostas de financiamento presentadas polos nacionalistas para realizar para obras e conseguir servizos no seu concello. De entre as emendas, destaca a que reclamaba fondos para a realización de reformas no CEIP da Castellana, que xunto a outras propostas de ámbito comarcal redundaría no beneficio da poboación aranguesa.

Ler novas
Aranga

Propuxemos a creación dunha bolsa municipal de vivenda valeira

Queremos ofertar desde o concello unha bolsa de vivenda valeira, que facilite o contacto entre caseiros e potenciais inquilinos, co obxectivo de que Aranga fixe e recupere poboación. Este servizo achegará unha listaxe onde se poidan consultar todas as vivendas dispoñibles no concello, de maneira que sexa máis sinxelo para os interesados atopar un aloxamento”.

Ler novas
Aranga

Criticamos o orzamento “privatizador e clientelar” do PP en Aranga

No BNG son críticos cos orzamentos porque ao seu parecer “están ao servizo dunha política clientelar, da compra de vontades con exemplos claros como a concesión “a dedo” de subvencións nominativas.Critican que nun concello como Aranga, cunha poboación menor de 2000 habitantes, o goberno aumente ano tras ano o gasto nos órganos de goberno, rondando xa os 100.000 €.

Ler novas
Aranga
unnamed (1)

Suspendemos as contas ao goberno local

A formación nacionalista fixo onte públicas as súas valoracións sobre a Conta Xeral de Aranga do ano 2017, actualmente en prazo de exposición pública. Para o BNG, as contas do Concello de Aranga retratan un goberno “sen previsión nin programación económica nin proxecto para o noso Concello

Ler novas
Aranga
unnamed (1)

O BNG critica a xestión escurantista do goberno local

O boletín oficial da provincia da Coruña publicaba onte 6 de xuño a constitución da Comisión Informativa Municipal de Urbanismo do Concello de Aranga. O BNG de Aranga, sen representación na corporación, é a única formación que ten manifestado publicamente a súa oposición aos dous proxectos de modificación do PXOM propostos polo goberno de Alberto Platas.

Ler novas