Outras novas
O BNG reclamou ao goberno local que faga públicas as análises que levaron ao peche de Gandarío
04/xul./2014
O BNG reclamou ao goberno que fixera públicos os análises da auga que levaron ao peche ao baño da marxe esquerda da praia de Gandarío e que hoxe reabriron. Parécenos que a veciñanza ten que ter información do estado das augas da Ría, porque non é de recibo que este ano teñamos dúas praias pechadas ao baño no noso Concello pola calidade das augas, O Pedrido e o Regueiro, e outra máis por momentos como Gandarío, e ninguén informe debidamente aos veciños e veciñas