aranga
Aranga

Propuxemos a creación dunha bolsa municipal de vivenda valeira

Queremos ofertar desde o concello unha bolsa de vivenda valeira, que facilite o contacto entre caseiros e potenciais inquilinos, co obxectivo de que Aranga fixe e recupere poboación. Este servizo achegará unha listaxe onde se poidan consultar todas as vivendas dispoñibles no concello, de maneira que sexa máis sinxelo para os interesados atopar un aloxamento”.

Ler novas
Aranga

Criticamos o orzamento “privatizador e clientelar” do PP en Aranga

No BNG son críticos cos orzamentos porque ao seu parecer “están ao servizo dunha política clientelar, da compra de vontades con exemplos claros como a concesión “a dedo” de subvencións nominativas.Critican que nun concello como Aranga, cunha poboación menor de 2000 habitantes, o goberno aumente ano tras ano o gasto nos órganos de goberno, rondando xa os 100.000 €.

Ler novas
Aranga
unnamed (1)

Suspendemos as contas ao goberno local

A formación nacionalista fixo onte públicas as súas valoracións sobre a Conta Xeral de Aranga do ano 2017, actualmente en prazo de exposición pública. Para o BNG, as contas do Concello de Aranga retratan un goberno “sen previsión nin programación económica nin proxecto para o noso Concello

Ler novas
Aranga
unnamed (1)

O BNG critica a xestión escurantista do goberno local

O boletín oficial da provincia da Coruña publicaba onte 6 de xuño a constitución da Comisión Informativa Municipal de Urbanismo do Concello de Aranga. O BNG de Aranga, sen representación na corporación, é a única formación que ten manifestado publicamente a súa oposición aos dous proxectos de modificación do PXOM propostos polo goberno de Alberto Platas.

Ler novas
Aranga
unnamed (1)

Reclamamos paneis de información social nas parroquias

A colocación de paneis favorecerá a difusión da información oficial e social, contribuíndo así á liberdade de expresión. Suxerimos que se coloquen paneis nos centros de saúde da Castellana e Muniferral, así como proximidades dos locais sociais das seis parroquias do municipio.

Ler novas