Pedimos no Parlamento que a Xunta que garanta os postos de traballo na factoría de Emesa en Coirós

FOTO XOSÉ LUÍS RIVAS PASATEMPO DE BETANZOS

O BNG pediu á Xunta información sobre as axudas concretas que de cartos públicos recibiu esta empresa e o seguimento que se lle fixo a estas axudas e reclamou ao goberno galego que conxuntamente co Comité de Empresa se estuden e se implementen as medidas precisas destinadas a buscar saídas ó conflito laboral existente en EMESA que poidan garantir o futuro da súa actividade e dos postos de traballo da mesma

Pedimos no Parlamento que a Xunta que garanta os postos de traballo na factoría de Emesa en Coirós

Betanzos, 11 de xaneiro de 2020. O BNG presentou unha serie de iniciativas no Parlamento reclamando ao goberno da Xunta que se reúna cos traballadores de Emesa e que tome medidas para garantir os postos de traballo na factoría de Coirós. O deputado do BNG no Parlamento, Mini Rivas, fixo público o seu apoio aos traballadores de Emesa cos que mantivo unha xuntanza da que saíu a presentación destas iniciativas. “O BOE confirmou a declaración do concurso de acredores e despois de que a empresa despedira a máis de 30 traballadores nos últimos. Na actualidade conta con 84 traballadores”, explicou o deputado nacionalista.

“Hai 4 anos foi vendida ao Grupo Soil que prometeu que co seu plan en 4 anos volvería dar ocupación a máis de 200 persoas. SOIL RECOVERY compraron en 2015 por 15 millóns, cinco en man e o resto en 10 anos”, indicou Mini Rivas.

“Nas mans deste último propietario a empresa foi xestionada de forma escura, recibiu axudas de institucións públicas: do Igape, 500.000 euros, do Xes, 580.000 euros e do CDTI, 2.900.000 euros, cando menos, que en moitos casos eran para investir en melloras na factoría, melloras e inversións que nunca foron feitas”, criticou Rivas. “Este propietario, do que afirman ser un fondo voitre, amosou dende o principio un absoluto desprezo polos traballadores e os seus representantes e ó ampara das reformas laborais forzaron o decaemento do convenio colectivo mermando así os dereitos dos traballadores”.

“A empresa, a pesar desta situación, mantivo unha importante carga de traballo que resolveu como puido -neste último ano os clientes pagaban o ferro e a empresa poñía a man de obra-. A empresa di ter unha débeda de 18ME cando facturou máis de 30 e leva anos sen pagar a ningún provedor e vai camiño de lle deber ós seus traballadores/as 4 nóminas. Por esta razón a sospeita é que o Grupo Soil o que quere é desgüazar a empresa e sacar o máximo beneficio desta operación”, explicou o deputado do BNG.

O BNG pediu á Xunta información sobre as axudas concretas que de cartos públicos recibiu esta empresa e o seguimento que se lle fixo a estas axudas e reclamou ao goberno galego que conxuntamente co Comité de Empresa se estuden e se implementen as medidas precisas destinadas a buscar saídas ó conflito laboral existente en EMESA que poidan garantir o futuro da súa actividade e dos postos de traballo da mesma.

Pedimos no Parlamento que a Xunta que garanta os postos de traballo na factoría de Emesa en Coirós