O BNG pregunta no Parlamento polas obras do clube de tenis A Pedralba
Bergondo, 30 de abril de 2013. Os parlamentarios Francisco Jorquera e Ana Pontón veñen de rexistrar no Parlamento galego varias preguntas para a súa resposta por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras sobre as obras sen licenza que esta a realizar o clube de tenis "A Pedralba", e que hai uns días denunciou públicamente a agrupación local do BNG de Bergondo. Este clube, ademáis, ven de recibir unha subvención de 9800 euros por parte da Deputación da Coruña.
O BNG interesouse no Parlamento galego pola situación na que se atopa a autorización para esta obra xa que non sabemos en que situación está actualmente, mais constanos que se lle deu traslado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que informara sobre o tema, explicaron os nacionalistas, como así o recoñeceu a alcaldesa no último Pleno, no que afirmou estar agardando a resposta para saber de quen era competencia para actuar. O goberno local do PSOE e Veciños de Bergondo agardando esta resposta desde decembro de 2011, cando o goberno local afirmou que trasladara o caso a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, criticaron.
O goberno local afirma que leva desde 2011 agardando unha resposta da Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas e queremos saber se hai unha explicación lóxica para isto
O BNG mostra a súa perplexidade porque as obras sigan adiante a pesar de que se ten feito un desmonte e movemento de terras contrario aos usos permitidos na lei do solo de Galiza xa que a parcela na que se desenvolven os traballos é solo rústico de especial protección de augas, e atopase nas inmediacións da ría de Betanzos, protexida como Lugar de Interese Comunitario (LIC). Pese a isto, ninguen actua e so saben pasarse a pelota, explicaron desde o BNG.
Tamén chama poderosamente a atención que a oposición non se teña feito eco antes deste escandalo urbanístico, indican desde o BNG, o PP, ¿quizais esta tan calado porque a súa lider local Tita Sanjurjo foi tesoureira do clube de tenis A Pedralba ata 2009?, ou ¿será que esta máis preocupada en artellar unha moción de censura que a leve a alcaldía?, ironizaron. Os non adscritos, que se suman agora a reclamar responsabilidades a Xunta, ¿porque o concelleiro non adscrito e deputado autonómico Antón Sánchez non se fixo eco da problemática antes de que o denunciara o BNG?.