O BNG critica os contratos a dedo que fomentan o clientelismo con cartos públicos
O BNG denuncia os contratos negociados sen publicidade que se outorgan como forma de contratación habitual, en moitos concellos como única forma de contratación, na comarca das Mariñas.
Betanzos, 5 de novembro de 2014. O BNG denuncia os contratos negociados sen publicidade que se outorgan como forma de contratación habitual, en moitos concellos como única forma de contratación, na comarca das Mariñas.
Os contratos na maioría dos Concellos licítanse habitualmente como negociados sen publicidade. É certo que a lei permite esta forma de contratación pero non é menos certo que nada lles impide aos gobernos convocar concursos abertos e non o fan, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. Os negociados sen publicidade convirten facer un seguimento de cómo se gastan os cartos públicos nunha misión case imposíbel. Trátase de procedementos totalmente escurantistas e opacos.
Ademais, as páxinas web dos Concellos non dan toda a información sobre os contratos que adxudican co que complican aínda máis que os veciños e veciñas poidan saber como se gastan os cartos de todos, criticou López. O mínimo sería dar información á veciñanza se non hai nada que ocultar nestes procedementos.
Os negociados sen publicidade convirten facer un seguimento de cómo se gastan os cartos públicos nunha misión case imposíbel. Trátase de procedementos totalmente escurantistas e opacos
A responsábel do BNG indicou ademais que as rebaixas que se consiguen das empresas con esta forma de contratación son mínimas ou inexistentes, cando nun concurso aberto se poderían obter prezos máis baixos e polo tanto aforrar en cartos dos nosos impostos.
Nos Concellos rurais, dado que as cantidades que se contratan o control é menor xa que non hai obriga de convocar mesas de contratacións e quen decide é o goberno. Atopámonos con que a maioría dos contratos se adxudican sempre ás mesmas empresas que son ás que sempre se lles pide ofertas, desbotando a opción de que outras empresas puideran ofrecer unhas condicións máis vantaxosas, criticou López. Pensamos que con este proceder se fomenta o clientelismo con cartos públicos en lugar de pensar no máis beneficioso para a veciñanza