Insistimos na nosa petición de que se suprima a ORA
O BNG de Miño insistiu, una vez mais, na súa demanda de suprimir a ORA despois de que o goberno local fixera pública a súa intención de habilitar 449 novas prazas na estrada da praia grande recoñecendo, ademais, que nin sequera está garantido que se vaian a cubrir os soldos das persoas contratadas
Miño, 1 de xuño de 2017. O BNG de Miño insistiu, una vez mais, na súa demanda de suprimir a ORA despois de que o goberno local fixera pública a súa intención de habilitar 449 novas prazas na estrada da praia grande “recoñecendo, ademais, que nin sequera está garantido que se vaian a cubrir os soldos das persoas contratadas”, explicou a portavoz do BNG, Olalla Barro.
“O goberno local non sabe o que quere. O ano pasado aprobou unha ordenanza que nunca se chegou a aplicar e este ano propoñen modificala de novo para eliminar os pagos fraccionados que implantaron o ano anterior. É lamentábel”, criticou Barro, “nós temos moi claro o que queremos, que eliminen a ORA”.
“Parécenos surrealista que a veciñanza, sobre todo a dos núcleos rurais de Miño, e visitantes de Miño esteamos pagando por aparcar e que o Concello, que sextuplica a débeda permitida pola lei, perda cartos con este servizo como recoñece o propio alcalde”, engadiu a portavoz nacionalista, “como pode ser que a implantación da ORA vaia provocarlle perdas o concello entón que nos expliquen logo cal e o fin da súa existencia?”, declarou Olalla Barro portavoz do BNG de Miño.
“Desde o BNG consideramos que a ORA é un sistema inxusto socialmente no que paga o mesmo una persoa que este no paro como un millonario, e ademais que os veciños que viven no rural de Miño e que son os que visitan Miño a diario para ir os centros de saúde, bancos ou comprar ou mesmo a praia son sobre os que vai recaer principalmente esta taxa. Neste sentido o BNG mostrouse sempre contrario a este sistema sendo partidario de que se financien os servizos pagando en función dos ingresos de cada quen e que o vivir no rural non supoña encima un pago maior de impostos”, declarou Barro.