O BNG oponse ao cobro da ORA na praia de Miño
Miño, 31 marzo de 2014. O BNG oponse ao cobro da ORA por aparcar na praia de Miño que ven de aprobar o Pleno, cos votos do PP e do PSOE. Pensamos que a veciñanza de Miño non ten que pagar un só euro por ir á súa Praia. É indignante que pretendan privatizar o aparcamento da praia e aínda obriguen aos veciños e veciñas a pagar pola tarxeta para poder aparcar, criticou Henrique Abraira do BNG de Miño.
Esta claro que ao implantar esta medida o que se pretende non é garantir a mobilidade nos aparcamentos, xa que isto sería ilóxico nunha praia, senón que só ten puro afán recadatorio. O goberno local de Miño arruinou ao concello coas súas políticas urbanísticas especulativas e agora pretende sanealo a costa da veciñanza, criticou, non é de recibo que se pretenda ampliar o paseo marítimo con cartos públicos, como anunciou a pasada semana o delegado do goberno, e mentres privatizar a praia, que é o que realmente se fai con esta medida.
Esta medida vai prexudicar gravemente ademais de á propia veciñanza de Miño, á hostalería asociada á praia e ao pequeno comercio da nosa vila
Os nacionalistas consideran ademais esta medida totalmente inxusta desde o punto de vista social, xa que un estudante ou un desempregado de Vilarmaior vai pagar mentres que unha persoa que teña unha mansión en Miño non. Seguimos mantendo que o xusto é que pague quen máis teña e non nos parece que facernos pagar a todos e a todas polo uso dunha praia sexa un sistema xusto para financiar o seu mantemento, criticou Henrique Abraira do BNG de Miño, ademais, o concello renunciou a facilitar servizos alternativos de transporte para o acceso á praia que poidan resultar mais sostíbeis como un servizo de aluguer de bicicletas para veciñanza e turistas.
Desde o BNG exixiron coñecer tamén como se vai xestionar a ORA, se se vai facer directamente desde o concello ou se vai contratar a súa xestión a unha empresa privada. Estamos vendo todos os días nos medios os chanchullos asociados á xestión da ORA noutros concellos como Santiago, A Coruña ou mesmo Betanzos único concello xunto con Miño que ten ORA nas Mariñas- onde o beneficio da ORA recae maioritariamente nunha empresa privada e non na veciñanza.
Esta medida vai prexudicar gravemente ademais de á propia veciñanza de Miño, á hostalería asociada á praia e ao pequeno comercio da nosa vila, criticaron os nacionalistas, é evidente que o que vai conseguir con isto o goberno é que os visitantes que veñen pasar o día a Miño vaian a outra praia onde poidan aparcar gratis.
Totalmente inxusto desde o punto de vista social, xa que un estudante ou un desempregado de Vilarmaior vai pagar mentres que unha persoa que teña unha mansión en Miño non
Os nacionalistas remataron pedindo coherencia ao PP e ao PSOE que criticaron duramente esta medida cando foi implantada no Concello de Oleiros, hai apenas dous anos. A verdade é que resulta lamentábel ver como defenden unha cousa e a contraria en concellos case veciños e non senten nin a mínima vergoña, criticou o nacionalista, o goberno local do PP e ao PSOE, tiñan que ler as críticas que nos medios de comunicación e en medios propios verten ano tras ano no concello de Oleiros e ter un pouco de coherencia.