O BNG critica que o PP pretenda ampliar o paseo marítimo coa escusa dos danos dos temporais
Miño, 27 de marzo de 2014. O BNG critica que se pretenda ampliar o paseo marítimo utilizando como escusa os danos causados polos temporais.
Por suposto que nos parece que é necesario amañar todos os danos producidos polos temporais e garantir a seguridade dos nosos veciños e veciñas, explicou Henrique Abraira do BNG de Miño, entendemos que é necesario amañar todo o que poida ser un perigo para a veciñanza e o bo estado da Praia.
Pensamos é que aproveitar estas partidas habilitadas para solucionar os problemas creados polos temporais para ampliar o paseo marítimo é un gasto que non ten sentido, criticou Henrique Abraira, desde logo parécenos que non é de recibo malgastar 250 000 euros nun gasto como este, na actualidade totalmente en cuestión, mentres se recorta no servizo de pediatría ou se pechan unitarias como a de Vilanova.
Pensamos é que aproveitar estas partidas habilitadas para solucionar os problemas creados polos temporais para ampliar o paseo marítimo é un gasto que non ten sentido
No día de hoxe o delegado do goberno e o alcalde de Miño, os dous do PP, prometeron unha ampliación do paseo marítimo e até que en algún momento chegaría ao Porto Deportivo. Parécenos totalmente inconsciente facer promesas deste tipo en concellos coma Miño, co nivel de débeda que ten e manter mentres desatendidas as necesidades reais dos veciños e veciñas, cuestionou o nacionalista, a verdade é que está claro que o PP non é consciente da realidade do noso concello se pensa que as necesidades pasan por seguir destruíndo o noso patrimonio natural.
Parécenos totalmente inconsciente facer promesas deste tipo en concellos coma Miño, co nivel de débeda que ten e manter mentres desatendidas as necesidades reais dos veciños e veciñas
Os nacionalistas insistiron en que ven imprescindíbel amañar canto antes os danos dos temporais, sobre todo aqueles que poidan supoñer un perigo para a veciñanza mais utilizar estas partidas para máis obras faraónicas mentres se recorta en servizos básicos é inasumíbel.