Chamamos a apoiar a mobilización contra un desafiuzamento en Miño

IMG-20170119-WA0001
Faixa na fachada da casa de Fátima

O despexo, que afecta a unha muller e a súa filla de 12 anos, está promovido polo excompañeiro sentimental da muller. “Hai que evitar que Fátima e a súa filla rematen vivindo na rúa como xa lles acontecera”

Chamamos a apoiar a mobilización contra un desafiuzamento en Miño

O despexo, que afecta a unha muller e a súa filla de 12 anos, está promovido polo excompañeiro sentimental da muller. “Hai que evitar que Fátima e a súa filla rematen vivindo na rúa como xa lles acontecera”

Miño, 19 de xaneiro de 2017. O BNG fixo público o seu apoio á concentración contra do desafiuzamento dunha veciña de Miño e a súa filla. As nacionalistas anunciaron que apoian a concentración que convoca Stop Desafiuzamentos para as 12 do mediodía deste venres e fan un chamamento á veciñanza para que acuda en solidariedade con estas dúas mulleres.

Segundo explicou a voceira do BNG en Miño, Olaia Barro, “trátase dun despexo promovido polo excompañeiro sentimental de Fátima”. A portavoz nacionalista demandou do executivo local do PP “que amose o seu rexeitamento a este desafiuzamento e que apoie a Fátima e súa filla con medidas urxentes e decisións concretas”. A mesma demanda tamén se  fai á Xunta de Galiza, para que ofreza unha vivenda a esta muller “e se evite que terminen ela e a súa filla vivindo na rúa como xa lles acontecera”

Chamamos a apoiar a mobilización contra un desafiuzamento en Miño