Celebramos unha asemblea informativa o pasado xoves sobre o “catastrazo”
O BNG celebrou unha asemblea informativa o pasado xoves 14 de setembro ás 19:30 h. no local social da Rúa. Desde o ano 2015, a Dirección Xeral do Catastro activou na Galiza un proceso extraordinario de regularización catastral.
Miño, 11 de setembro de 2017. O BNG celebrou unha asemblea informativa o pasado xoves 14 de setembro ás 19:30 h. no local social da Rúa. Desde o ano 2015, a Dirección Xeral do Catastro activou na Galiza un proceso extraordinario de regularización catastral.
A regularización catastral obriga ao pagamento dunha taxa de 60 euros por cada alta no Catastro, e ademais implicará un aumento do valor catastral do inmoble revisado. Deste xeito incrementará tamén a base impoñible do IBI. Iso tamén pode ter repercusión indirecta noutros impostos (IRPF, plusvalía municipal, sucesións) e mesmo incluso en subvencións públicas como as bolsas escolares dado que teñen módulos patrimoniais referenciados no catastro como límites obxectivos para accederen á ditas axudas.
En moitos casos a revisión ven motivada por cuestións como a rehabilitación e restauración dos inmobles para evitar o seu deterioro sen que supoña ningún incremento na superficie construída.
Para informar de todas estas cuestións e da posibilidade de presentar reclamacións o BNG realizamos unha asemblea informativa o pasado xoves co avogado e experto na materia Eduardo Álvarez.