O BNG traslada a súa preocupación diante da decisión de educación de trasladar o alumnado de bacharelato e secundaria do IES Fragas do Eume agrupándoo IES de Breamo
A decisión afectaría a 500 alumnos dos concellos de Pontedeume, Cabanas e Miño
Miño, 9 de maio de 2021. O BNG das comarcas de Ferrolterra e As Mariñas, veñen de manter unha reunión de traballo para analizar as consecuencias da decisión da Consellería de Educación da Xunta de Galiza, de transformar o IES Fraga do Eume nun Centro integrado de FP. Esta decisión que leva aparellado o traslado de 150 alumn@s para o IES de Breamo.
Na xuntanza estaban representantes dos concellos afectados, Luis Pena, voceiro do BNG en Pontedeume, Henrique Abraira de Miño e Paula Grueiro, do BNG de Cabanas, ademais das respectivas responsábeis comarcais das Mariñas e Ferrolterra, Cristina López Sánchez e Mercedes Tobío.
Desde o BNG ven con preocupación o deterioro na calidade de ensino ao levar a cabo a medida dunha maneira tan rápida e sen saber aínda os espazos que serán empregados para levar a cabo a reubicación do alumnado, xa que suporía a un aumento dun 40% con respecto ao existente no IES Breamo.
“Non podemos máis que felicitarnos da decisión de converter o IES Fraga do Eume nun Centro Integrado de FP de referencia no que teña a ver co profesionalismo en Hostalería e o Turismo, mais non pode ser a conta de empeorar a calidade en outros niveis do ensino, como neste caso”, indicaron @s nacionalistas.