O BNG pregunta ao MITECO sobre as obras de rexeneración na praia de Miño
Néstor Rego quer saber se as obras garanten o respecto ambiental do entorno e que non teñan impacto no banco marisqueiro
Madrid, 20 de setembro de 2023. O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, pregunta ao Ministerio de Transición Ecológica se as obras de rexeneración da praiai de Miño cumpren con todas as garantías de respecto ao entorno natural, ao seu ecosistema e sen impacto no banco marisqueiro.
Rego lembra que a rexeneración medioambiental do areal de Miño leva tempo sobre a mesa, pero “debe facerse de maneira sostíbel, garantindo o equilibrio medioambiental e sen impacto no entorno natural e no ecosistema. Preocúpanos o impacto ambiental, razón pola que xa na pasada lexislatura requerimos información detallada sobre o mecanismo de retirada de area, e preguntarmos cómo ían ser as actuacións para evitar o impacto no banco marisqueiro, área de actividade da Confraría de Miño”.
En resposta ao BNG, o Ministerio aseguraba que o proxecto tería “as máximas garantías e respecto ao medio ambiente” e que “a movilización de áridos sería por medios terrestres, evitando o uso de máquinas”.
Actuacións que respeten o medio ambiente.
Téñense en conta as demandas da Confraría?
Recentemente, o Ministerio adxudicou as obras para a rexeneración da duna-marisma da praia Grande de Miño, e Rego quer coñecer polo miúdo o modus operandi das actuacións a desenvolver no que atinxe á integración do terreo do antigo campo de fútbol na marisma, a sustitución da actual pasarela por un paso a nivel, a realización dun novo itinerario e a eliminación de plantas invasoras.
O parlamentar do BNG inquire sobre a data de inicio das obras, canto van durar, de onde se vai extraer a area e onde se vai repoñer, que métodos de transporte se van utilizar, e con que maquinaria.
Ademáis, non esquece Néstor Rego as demandas da Confraría de mariscadores de Miño, e quer saber se o Ministerio mantivo interlocución co sector para informalo puntualmente das actuacións a emprender. Solicita que se teñan presente as súas demandas.