Rosa Rivas: "O PP comeza o mandato con máis opacidade e máis impunidade"

Rosa Rivas é a portavoz do BNG en Irixoa

Onte tivo lugar o pleno de organización no Conello de Irixoa depois das elecións municipais. O Partido Popular comeza o mandato reducindo a preriodicidade das sesión plenarias que pasan de ser bimensuais a trimestrais, poñendo o horario dos plenos “de 12 a 14 h”. “O mandato comeza suprimindo comisión existentes no mandato anterior e cunha actitude de prepotencia propia dunha dictadura” denunciou Rosa Rivas, voceira do BNG en Irixoa.

Rosa Rivas: "O PP comeza o mandato con máis opacidade e máis impunidade"

Irixoa, 20 de xuño de 2015. Onte tivo lugar o pleno de organización no Conello de Irixoa depois das elecións municipais. O Partido Popular comeza o mandato reducindo a preriodicidade das sesión plenarias que pasan de ser bimensuais a trimestrais, poñendo o horario dos plenos “de 12 a 14 h”. “O mandato comeza suprimindo comisión existentes no mandato anterior e cunha actitude de prepotencia propia dunha dictadura” denunciou Rosa Rivas, voceira do BNG en Irixoa.

“A redución dos plenos ordinarios non é unha medida de aforro, porque no cómputo xeral ao final do mandato vanse celebrar un número parecido de sesión” advirte. “Do que se trata é de reducir os plenos ordinarios para limitar a capacidade de iniciativa e control da oposición, porque nos plenos extraordinarios só presenta cousas o goberno do PP”, denuncia.

Por este motivo, o BNG presentou unha enmenda para evitalo e para que os plenos se celebraran ás 8 da tarde e non ás 12 da mañá como propuxo o PP, pero foi rexeitada.

O BNG tamén solicitou que a oposición estivera presente nas mesas de contratación. “No mandato anterior a práctica totalidade das adxudicacións de obras servizos ou subministros foron realizadas por procedemento negociado sen publicidade e recaendo case sempre nas mesmas empresas” recorda Rivas, que lamenta que PP non aceptou a emenda para continuar “adxudicando as obras a dedo a quen lle peta para facer clientelismo”.

O PP elimina a comisión de subvencións para facer máis opaca a concesión de axudas

Os nacionalistas denuncian que o PP tamén suprimiu a Comisión de subvencións, da que formaba parte a oposición. Esta comisión, que viña funcionando no mandato anterior, tiña por función estudar as solicitudes de axudas das asociacións do Concello e propoñer o reparto das mesmas. “A partir de agora pasa a ser competencia directa da Alcaldía ou da Xunta de Goberno Local, dependendo da contía, sen ningún tipo de control da oposición, que é o que pretende o PP con estas medidas”, denuncia Rosa Rivas.

“A maioría absoluta conseguida polo PP só servíu para aumentar a prepotencia e incrementar a opacidade e o clientelismo do PP, e incrementar tamén o desprezo polas máis elementais normas democráticas” denuncia Rosa Rivas. “O PP expulsa ao BNG das comisións e limita a nosa marxe de actuación no Pleno porque cre que o Concello é algo da súa propiedade e pretende que non saibamos o que fai cos cartos de todas e todos”, engade. “O PP non quere que informemos á veciñanza de canto fai ás costas do pobo”, conclúe.

 

Rosa Rivas: "O PP comeza o mandato con máis opacidade e máis impunidade"