A VOCEIRA DO BNG EN COIRÓS, PURA FERREÑO, VEN DE ENVIAR AO GOBERNO MUNICIPAL UNHA PROPOSTA PARA O REPARTO DE MÁSCARAS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS

Presentamos unha proposta ao goberno de Coirós para garantir o reparto de máscaras para a toda a veciñanza que a precise

BNG, Coirós
11-novembro-2018
Pura Ferreño, é a portavoz do BNG de Coirós
Diante a ausencia de Plenos nos que poder debater mocións, a voceira nacionalista Pura Ferreño enviou unha proposta ao goberno municipal de Coirós para Instar á Xunta de Galiza, a estabelecer  un sistema de acceso aos sistemas de protección (máscaras e luvas fundamentalmente) dun xeito controlado e seguro
Presentamos unha proposta ao goberno de Coirós para garantir o reparto de máscaras para a toda a veciñanza que a precise

Coirós, 28 de Abril de 2020. Ante a imposibilidade de debater as mocións pola ausencia de convocatoria de Plenos, a concelleira nacionalista Pura Ferreño enviou ao goberno municipal de Coirós unha proposta para garantir o acceso universal da poboación ás máscaras priorizando a necesidade obxectiva do mesmo.

“O reparto de máscaras a través dos transportes colectivos que ten posto en marcha o goberno do Estado despois de ter acordado reiniciar parte da actividade industrial e empresarial, non é eficaz na maior parte dos concellos da Galiza, ao non dispoñer dunha rede de transporte público utilizado maioritariamente polas traballadoras e traballadores” di Ferreño.

Engade a concelleira que “A solución artellada por algúns concellos de achegar máscaras directamente non sempre é apropiada ao non seguir uns criterios que prioricen aquelas persoas que teñen a obriga ou necesidade de saír dos seus domicilios. Ao mesmo tempo, a cantidade de máscaras por persoa debe adecuarse ás necesidades obxectivas de cada caso”

Desde o BNG de Coirós insístese na necesidade de artellar unha solución a través da administración autonómica, organismo competente en materia sanitaria e de saúde pública, articulando un sistema de reparto obxectivo e controlado. “Deberá ser a Consellaría de Sanidade quen xestione e garanta o acceso das persoas que o precisen ao material de protección para o desenvolvemento da súa actividade vital ou laboral, evitando que se produzan actitudes de mala provisión das mesmas por parte de persoas ou empresas” sinala Ferreño.

Así pois, ante a ausencia de Plenos nos que poder debater mocións, a voceira nacionalista Pura Ferreño enviou unha proposta ao goberno municipal de Coirós para Instar á Xunta de Galiza, a estabelecer  un sistema de acceso aos sistemas de protección (máscaras e luvas fundamentalmente) dun xeito controlado e seguro, evitando que se produzan aglomeracións ou saídas das vivendas coa finalidade de facerse con eles, e garantindo que cheguen a todas aquelas persoas que precisan deste material para o desenvolvemento da súa actividade vital ou laboral.

Presentamos unha proposta ao goberno de Coirós para garantir o reparto de máscaras para a toda a veciñanza que a precise