O BNG propón melloras para o transporte escolar
O BNG-Asembleas abertas rexistrou unha iniciativa pedindo información despois de recibir varias queixas sobre o funcionamento do servizo de transporte escolar.
Coirós, 13 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas abertas rexistrou unha iniciativa pedindo información despois de recibir varias queixas sobre o funcionamento do servizo de transporte escolar.
O servizo de transporte escolar no noso Concello ás dúas escolas unitarias, EEI de Coirós de arriba e EEI o Fontelo, estase facendo a través dun único taxi. Isto supón que o alumnado destes centros nalgúns casos ten que sair moito antes da hora de comezo das aulas e agardar no centro para que o taxi poida trasladar a todos os nenos e nenas, explicou a voceira do BNG, Pura Ferreño. En Coirós hai máis taxis e constanos que cando menos un deles se interesou por prestar parte deste servizo tanto no Concello como na Xefatura territorial de educación, engadiu.
O alumnado das unitarias ten que sair moito antes da hora de comezo das aulas, xa que o servizo o presta un só taxi
Segundo o DECRETO 65/2014, do 28 de maio, polo que se modifica o Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, a competencia sobre o transporte escolar e competencia exclusiva da Xunta de Galiza. Sen embargo, como resposta á petición dun dos taxistas a emprestar este servizo a Xefatura territorial de educación afirmou que a selección dos transportistas a fai o Concello de Coirós, informou a voceira nacionalista.
A portavoz do BNG-Asembleas abertas demandou información do número de crianzas usuarias do transporte escolar hai no Concello de Coirós nas escolas unitarias de Coirós de arriba e o Fontelo e sobre os horarios en que recollen ao alumnado nas diferentes paradas e a que hora comezan as aulas.
Quen adxudica o contrato do servizo de transporte? Cales son as bases e condicións destes contratos? Onde se presentan as solicitudes para este contrato e en qué prazo? Que papel ten o Concello de Coirós nestes contratos?, interpelou Pura Ferreño, quen explicou que esperan que o Concello pense no benestar dos nenos e nenas e, polo tanto, faga o posíbel por mellorar a calidade do servizo.