Esiximos ao Goberno que aclare a súa postura con respecto á sentenza da Pedralba

 BNG exixe ao Goberno Local que aclare cal vai ser a súa postura con respecto á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que rexeita legalizar as obras realizadas no clube de tenis A Pedralba.

Esiximos ao Goberno que aclare a súa postura con respecto á sentenza da Pedralba

Bergondo, 07 de xuño de 2017. O BNG exixe ao Goberno Local que aclare cal vai ser a súa postura con respecto á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que rexeita legalizar as obras realizadas no clube de tenis A Pedralba. "Se ben no seu día ordenaron paralizar as obras, despois das denuncias públicas do BNG, esta paralización non se levou a cabo e hoxe en día hai construídas pistas de tenis, pádel e outras instalacións que agora a xustiza rexeita legalizar" indicou o portavoz nacionalista David Carro.
 
"Este é o resultado do urbanismo do goberno local" indica. "A Xustiza, aínda que tarde, deunos a razón. A pesar de que avisamos varias veces desta situación e mesmo presentamos iniciativas no Parlamento dende 2011 nin a Xunta nin o goberno actuaron con decisión neste tema e agora atopámonos con isto”, engadiu o portavoz nacionalista.
 
O BNG demanda ao executivo local que aclare como pretende solucionar este problema "provocado polo propio goberno local por permitir que se fixeran as obras a carón da ría". "Pretenden seguir mirando para outro lado como fixeron diante do avance das obras ou por fin teñen pensado ordenar a demolición do construído sen licenza?" pregúntase o voceiro nacionalista. Avanza que sospeita que o PSOE pretenda "intentar unha legalización co PXOM”. 

"A Xustiza, aínda que tarde, deunos a razón. A pesar de que avisamos varias veces desta situación e mesmo presentamos iniciativas no Parlamento dende 2011 nin a Xunta nin o goberno actuaron con decisión neste tema e agora atopámonos con isto”


Desde o BNG entenden que ''a alcaldesa é a responsábel de urbanismo e débelle unha explicación ao pobo de Bergondo sobre esta situación''. Mais recordan que tamén o PP e a  "concelleira non adscrita, Tita Sanjurjo" teñen que dar explicacións sobre o acontecido na Pedralba. "O PP e Sanjurjo teñen que explicar porque ampararon estas obras ilegais ao bordo da ría" e lembran que a propia Sanjurjo está vinculada coa entidade "xa que foi directiva até pouco antes das eleccións municipais de 2011?, engadiu o voceiro do BNG. 
 
''Este caso é un auténtico escándalo, unha entidade privada construíndo de forma ilegal con cartos públicos procedentes da Deputación no momento en que era xestionada polo PP'', engadiu. "Os responsables terán que empezar aclarando que fixeron neste asunto e logo haberá que exixirlles as responsabilidades que procedan", concluíu.

Esiximos ao Goberno que aclare a súa postura con respecto á sentenza da Pedralba