O BNG solicita axuda da Xunta para adquirir a Quinta Cortón e celebrar o "Ano Viqueira"

Quinta Cortón en Vixoi
Quinta Cortón en Vixoi

O portavoz do BNG, David Carro, lembrou que existe un acordo plenario que apoia a súa adquisición para usos culturais, sociais ou educativos 

O BNG solicita axuda da Xunta para adquirir a Quinta Cortón e celebrar o "Ano Viqueira"

Bergondo, 7 de maio de 2024.- As deputadas nacionalistas Mercedes Queixas e Iria Taibo solicitaron á Xunta que preste a súa axuda para a adquisición para patrimonio público da coñecida como Quinta Cortón, residencia do intelectual Xoan Vicente Viqueira na bergondesa parroquia de Vixoi. "Esta Quinta albergou boa parte da historia recente de Bergondo que compre conservar e divulgar. Aquí citábanse destacados humanistas como Giner de los Rios ou Bartolomé Cossio, entre outros persoeiros da Institución Libre de Enseñanza. Ademais, é un ben catalogado nas normas subsidiarias en vigor polo que compre protexelo”, indicou a deputada Mercedes Queixas.

"Hai un acordo plenario de marzo do 2022 que apoia a adquisición para usos culturais, sociais ou educativos. Vixoi ten escaseza de espazos públicos para a veciñanza, algo que se paliaría así dada a amplitude do edificio e os seus xardíns que poderían abrirse ao público, aínda que dada a envergadura do proxecto tería repercusión máis alá do concello, a comarca, ou a nivel galego", indicou o portavoz municipal David Carro.

As deputadas do BNG tamén propoñen á Xunta que estude a posibilidade de impulsar a creación dunha Fundación participada por distintas administracións como o Concello de Bergondo ou a Deputación da Coruña para a posterior xestión deste espazo.

2024, Ano Viqueira

Queixas e Taibo tamén solicitaron o apoio da Xunta a celebración do "Ano Viqueira" este 2024, declarado polo Concello a instancias do BNG, no centenario do pasamento desta importante figura. "Cómpre espallar a vida e obra de Viqueira aproveitando esta sinalada data. Faleceu moi novo pero tivo tempo de destacar en diversos eidos como a filosofía, psicoloxía ou pedagoxía. Tamén no plano educativo, onde defendeu a súa reforma, galeguización e a plena incorporación da muller, e promoveu o achegamento ortográfico do galego ao portugués", expuxo Queixas.

O BNG solicita axuda da Xunta para adquirir a Quinta Cortón e celebrar o "Ano Viqueira"