O BNG critica as subvencións a dedo de mais de 80 mil euros no orzamento de Bergondo

O BNG criticou o borrador de orzamentos que ven de presentar o goberno local do PSOE en Bergondo.

O BNG critica as subvencións a dedo de mais de 80 mil euros no orzamento de Bergondo

Bergondo, 19 de xaneiro de 2014. O BNG criticou o borrador de orzamentos que ven de presentar o goberno local do PSOE en Bergondo. “Son uns orzamentos feitos de costas á veciñanza. Como xa dixemos o ano pasado defendemos que os veciños e veciñas poidan propoñer, levamos tempo demandando uns orzamentos participativos mais o goberno local está na liña contraria”, criticou David Carro, portavoz do BNG de Bergondo, “o ano pasado aprobaron os orzamentos na Xunta de Goberno Local porque son incapaces de chegar a acordos con ninguén e todo parece indicar que van polo mesmo camiño”.

O portavoz nacionalista volveu criticar o gasto excesivo de cartos públicos en subvencións nominativas, concedidas ‘a dedo’ polo goberno local sen criterio ningún. “Dos 88.100 euros para subvencións, 80.300 euros serían en subvencións nominativas ‘a dedo’, mentres que só 7.800 euros serían para a orde de subvencións en concorrencia competitiva, un 8,8% do total”, indicou Carro. “ Non nos parece de recibo que se gasten cartos públicos sen criterio nin control ningún, de maneira totalmente clientelar para mercar vontades”. Os nacionalistas critican que o que a Lei de subvencións contempla como unha excepción no Concello de Bergondo se converta en norma.

No orzamento contemplan unha partida de 10.000 euros para atencións protocolarias, pero é que na liquidación da última conta xeral de 2013 prevían 15.000 euros e finalmente gastaron case 34.000 euros. Parécenos escandaloso.

No orzamento contemplan unha partida de 10.000 euros para atencións protocolarias, máis outros 1.200 en dietas e 900 en locomoción dos órganos de goberno. “Xa nos parece bastante un gasto de 10.000 euros en atencións protocolarias, é dicir, papatorias e agasallos cando ven algunha visita”, indicou o voceiro do BNG, “ pero é que na liquidación da última conta xeral de 2013 prevían 15.000 euros e finalmente gastaron case 34.000 euros. Parécenos escandaloso nun momento como o actual que se gasten estas cantidades sen control ningún e comidas e agasallos”.

Desde o BNG, criticaron tamén o gasto de 36.500 euros en festas populares. “Entendemos que nunha situación de crise na que as veciñas e os veciños están pasando moitas dificultades, un gasto coma este en festexos coma o entroido ou o nadal é moi excesivo”, explicou David Carro, “mentres para bolsas para estudos e transporte prevén un total de 29.000 euros propoñen 36.500 para festexos”, criticou o voceiro nacionalista.

“Ademais, hai conceptos que están totalmente fora da realidade. Para publicacións en Diarios Oficiais propoñen unha partida de 8.000 euros. Na conta xeral de 2013, a última liquidada, orzamentaban 5.000 e deses 4.866 quedaron sen gastar”, expuxo David Carro, “non ten sentido incrementar unha partida que sobra case enteira, a non ser que pretendas investilo en outro gasto corrente como propaganda ou protocolo aproveitando que a lei o permite”.

O BNG critica as subvencións a dedo de mais de 80 mil euros no orzamento de Bergondo