O BNG critica que mais da metade do gasto corrente vai á empresa privada

O BNG criticou o excesivo gasto en servizos privatizados que o goberno local do PSOE prevé no borrador de orzamento.

O BNG critica que mais da metade do gasto corrente vai á empresa privada

Bergondo, 20 de xaneiro de 2015. O BNG criticou o excesivo gasto en servizos privatizados que o goberno local do PSOE prevé no borrador de orzamento. “Do total do gasto corrente que prevén no orzamento que son 2.929.277,76 euros, maís da metade, concretamente 1.577.680,79 euros vanse en contratos á empresas privadas por diferentes servizos privatizados, como a xestión da auga, do alcantarillado ou da limpeza”, explicou o voceiro do BNG, David Carro.

Desde o BNG criticaron a xestión privatizada do servizo de abastecemento de auga e alcantarillado que leva dos orzamentos públicos un total de 929.361, 27 euros. “A alcaldesa na súa memoria di que os ingresos polo servizo son os mesmos que os gastos na empresa concesionaria, pero os números do orzamento non din iso”, criticou Carro, “ os gastos superan os ingresos en 3.000 euros no alcantarillado e en 2.000 no caso do subministro de auga”.

“O mantemento da rede de abastecemento e de alcantarillado vai con cargo aos fondo públicos e as novas obras tamén. Son 15.000 euros máis para mantemento da rede e 402.000 máis en ampliar a rede de saneamento”, indicou o voceiro nacionalista.

Desde o BNG criticaron a xestión privatizada do servizo de abastecemento de auga e alcantarillado que leva dos orzamentos públicos un total de 929.361, 27 euros

“Non entendemos se as novas obras e o alcantarillado se pagan con cartos de todos e todas e a maiores do que se ingresa temos que poñer 5.000 euros máis de cartos públicos, en qué gasta a empresa concesionaria os máis de 900.000 euros”, indicou Carro.

“É un negocio penoso para o Concello manter este servizo en mans da empresa privada. Hai queixas continuas da veciñanza sobre a calidade do servizo e entendemos que cun orzamento de máis de 900.000 euros a empresa concesionaria podería dar un servizo en condicións”, explicou David Carro.

Os nacionalistas volveron a defender, á vista das contas presentadas, que se faga un estudo para valorar a opción de remunicipalizar o servizo e xestionalo directamente desde o Concello.

O BNG critica que mais da metade do gasto corrente vai á empresa privada