O BNG solicitou que se restableza o horario do bus Boimorto-A Coruña despois das queixas da veciñanza de Abegondo

Blan García Roel
Blan García Roel

“O día 5 de outubro modificouse o horario da parada de Montouto das 8:45 ás 8 h provocando que as persoas que o utilizan teñan que agardar máis dunha hora para os horarios das clases ou o traballo”

O BNG solicitou que se restableza o horario do bus Boimorto-A Coruña despois das queixas da veciñanza de Abegondo

Abegondo, 25 de outubro de 2022.- O BNG pediu ao concello de Abegondo faga as xestións necesarias coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para restablecer o horario do bus Boimorto-Mezonzo-A Coruña, despois das queixas da veciñanza de Abegondo. “O día 5 de outubro modificouse o horario da parada de Montouto das 8:45 ás 8 h provocando que as persoas que o utilizan teñan que agardar máis dunha hora para os horarios das clases ou o traballo”, explicou o portavoz do BNG, Blan García Roel. “Ademais, a veciñanza trasladounos as súas queixas pola falta de antelación e de información sobre este cambio”, engadiu. 

“Este cambio de horarios provocou moito malestar entre as persoas usuarias porque non responde ás súas necesidades senón que imposibilita o uso de quen o viña facendo”, indicou o portavoz nacionalista. “Por iso pedimos ao concello que reclame á Consellería que se restableza o horario anterior e que explique que motivos levaron a este cambio”, afirmou. 

Desde o BNG lembraron que este problema vense a sumar á supresión da liña Arzúa-Mesía-Coruña “que transcorría polo noso territorio e que ademais mantiña viva a lembranza da antiga vía de comunicación interior –costa que era a vía da Alcaiana e á supresión da parada do empalme en Montouto que xa denunciamos no seu momento”. 

Modificacións no Plan de transporte

Desde o BNG pediron tamén que o concello de Abegondo tome a iniciativa e solicite da Xunta un novo plan de transporte que se adapte ás necesidades do concello e da comarca. 

O BNG solicitou que se restableza o horario do bus Boimorto-A Coruña despois das queixas da veciñanza de Abegondo