O BNG pediu a declaración de árbores senlleiras do eucalipto de Bordel e o carballo de San Paio

Blan García Roel: “No noso Concello non hai ningunha árbore dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras, como así manifestou a Xunta de Galiza nas súas correccións ao PXOM de Abegondo” 

O BNG pediu a declaración de árbores senlleiras do eucalipto de Bordel e o carballo de San Paio

Abegondo, 9 de abril de 2024.- O BNG pediu a declaración de árbores senlleiras do eucalipto de Bordel en Sarandós e o carballo de San Paio en Vilacova. “No noso Concello non hai ningunha árbore dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras, como así manifestou a Xunta de Galiza nas súas correccións ao PXOM de Abegondo “, explicou Blan García Roel. 

“O eucalipto de Bordel en Sarandós, excepcional polo porte e as dimensións está situado na contorna da torre de Peito Bordel vinculada, esta casa, á lenda do tributo das 100 Doncelas, á Casa de Figueroa e á máis profunda historia do territorio de Abegondo”, explicou o portavoz do BNG, Blan García Roel. “A inclusión deste exemplar no catálogo de árbores senlleiras facilitaría o coidado e podas que actualmente está a realizar a familia propietaria do mesmo para evitar que sufra unha enfermidade, como a que obrigou a talar outra árbore similar na mesma parcela”, engadiu. 

“O carballo da Capela de San Paio en Vilacoba excepcional, tamén, polas dimensións e o porte que presenta e ademais por atoparse intimamente relacionado cunha romaría de ancestral tradición nas nosas terras como é a de San Paio e vinculado, tamén ao Camiño de Santiago”, informou o voceiro nacionalista. “Solicitamos que se inclúa no catálogo para poder protexelo e recuperalo limpándoo das hedras e maleza que presenta actualmente e valorizándoo como monumento cultural e etnográfico que é, xa que está inserido no espazo que ocupa a antiga capela de San Paio”, concluíu. 

O BNG pediu a declaración de árbores senlleiras do eucalipto de Bordel e o carballo de San Paio