BNG Irixoa

BNG-IRIXOA;..24-marzo-2019;

O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.

Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, a persoa responsábel local, que ostentará a representación e portavocía do BNG en Irixoa. Actualmente a portavoz do BNG en Irixoa é Sergio Boado Seoane. 

Sergio Boado é o portavoz do grupo municipal do BNG de Irixoa e concelleiro desde maio de 2019. Sergio é propietario de Granxas de Lousada nos Altos de Verís.

contacto: email      Twitter     Facebook

Indemnizacións por asistencia a Plenos

O concelleiro do BNG de Irixoa percibe 90 euros -dende mediados de 2016, antes eran 60 euros- pola súa asistencia a cada Pleno. Conforme á Carta Financeira do BNG, estes cartos son doados integramente pola concelleira do BNG á organización para sostemento da súa actividade política.

Transparencia

Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.

Novas

Podes consultar aquí as novas do BNG de Irixoa