Blan García Roel será a candidato do BNG á alcaldía de Abegondo

Blan García Roel é o candidato do BNG á alcaldía de Abegondo

“Temos un modelo de concello que está comprobado alí onde gobernamos que funciona e sabemos que é o cambio que Abegondo precisa para pasar a ser coñecido polos nosos valores naturais e patrimoniais. Abegondo é un concello con moitas posibilidades, queremos vivir con dignidade e farémolo se cremos en nós mesmos”

Blan García Roel será a candidato do BNG á alcaldía de Abegondo

Abegondo, 24 de xaneiro de 2023.- Blan García Roel, de Montouto, vai ser o candidato do BNG á alcaldía na próximas eleccións municipais de maio. “En Abegondo é imprescindíbel e urxente un cambio de modelo e o BNG ten demostrado alí onde goberna que é capaz de levar a cabo os cambios necesarios para mellorar as vilas e as aldeas, facelas máis humanas e mellorar a vida da veciñanza crendo en nós mesmos e nas nosas posibilidades”, explicou o candidato nacionalista.

“Temos un modelo de concello que está comprobado alí onde gobernamos que funciona e sabemos que é o cambio que Abegondo precisa para pasar a ser coñecido polos nosos valores naturais e patrimoniais. Abegondo é un concello con moitas posibilidades, queremos vivir con dignidade e farémolo se cremos en nós mesmos”, engadiu García Roel.

“Desde o BNG apostamos durante os últimos anos por unha liña sería de traballo pola transparencia e a democracia e participación no Concello, presentámonos con toda a ilusión de recuperar a representación na corporación municipal e poder así ser útiles á veciñanza de Abegondo propoñendo solucións e ideas para mellorar o noso concello. Temos o compromiso firme de rematar cun goberno do Partido Popular que ten Abegondo paralizado no clientelismo e a propaganda”, declarou o candidato do BNG.

O candidato nacionalista rematou convidando a toda a veciñanza a unirse ao grupo do BNG

“Convidamos a toda a veciñanza a sumarse ao noso grupo de traballo que con ilusión e propostas concretas propón un cambio real para o noso Concello, porque no BNG somos antítese da política actual no concello movida por intereses e rencores persoais. Porque precisamos un goberno local transparente que deixe de utilizar os cartos públicos en función dos seus intereses electorais e que goberne para todos os veciños e veciñas. Comprometémonos a traballar con seriedade e responsabilidade con ideas claras para conseguir o cambio político que Abegondo precisa”, concluíu.

Blan García Roel será a candidato do BNG á alcaldía de Abegondo