O BNG solicita que o goberno traslade os informes da tala á fiscalía
O BNG de Oza dos Ríos vén de rexistrar no Concello unha moción solicitando que se depuren responsabilidades e se dea traslado á Fiscalía sobre a tala no parque do Paraxón.
O BNG de Oza dos Ríos vén de rexistrar no Concello unha moción solicitando que se depuren responsabilidades e se dea traslado á Fiscalía sobre a tala no parque do Paraxón.
O BNG de Oza dos Ríos criticou a nova saída de González Cacheiro, "Segimos a encadear mentira tras mentira a respecto do futuro do Sanatorio de Cesuras, González Cacheiro deberá explicar porque o PP non cumple o seu proxecto" afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos, "o proxecto da fusión contemplaba un centro de día para persoas maiores, e agora prentenden convertelo nun negocio privado"
O BNG exixiu a González Cacheiro que reclame responsabilidades patrimoniais aos responsábeis do sobre prezo da tala do sanatorio de Cesuras. Nin o alcalde nin ningún dos que apoiaron este contrato nin sequera o concelleiro que se viu beneficiado a través da súa empresa familiar, asumiron responsabilidade ningunha por este tema
A portavoz do BNG en Oza dos Ríos volveu insistir na necesidade de que o presidente da xestora de Oza-Cesuras asuma a súa responsabilidade na tala do parque do Sanatorio de Cesuras, vimos de saber pola prensa que o orzamento do proxecto de recuperación do parque do Sanatorio aumentou en case 20 000 euros