ferrocarril
Novas

BNG aposta por construír o by-pass ferroviario como proxecto estratéxico para As Mariñas

Néstor Rego reclamará aumentar o investimento na Galiza e planificar a súa execución total: “Un de cada tres euros non foi executado en 2021.En Madrid executouse 184%, case o dobre do previsto”

A frente nacionalista reclama modernizar a rede ferroviaria interior da Galiza, o deseño de frecuencias e horarios adaptados ás necesidades das persoas usuarias e unha política tarifaria accesíbel para garantir o uso do ferrocarril

Ler novas
Vídeo

"Queremos Tren"

Mercedes Queixas fala da situación do tren na comarca das Mariñas e explica porque é necesaria unha mobilidade que responda ás necesidades da nosa veciñanza, que una Betanzos cos concellos das Mariñas e coas cidades da Coruña e Ferrol

Ler novas
Novas
Presentación da campaña na estación de tren de Betanzos-cidade

O BNG presentou onte en Betanzos unha campaña en defensa dunha liña ferroviaria digna e de calidade

A Xunta de Galiza avalou e apoiou o proceso de desmantelamento da rede ferroviaria galega, suprimindo servizos e eliminando estacións e apeadeiros que o goberno español ven desenvolvendo desde o ano 2012 e que se viu agravado como efecto da pandemia da covid-19. 

Desde o BNG defendemos unha mobilidade que responda ás necesidades da nosa veciñanza, que una Betanzos cos concellos das Mariñas e coas cidades da Coruña e Ferrol

Ler novas