O BNG recolleu sinaturas no feirón en Miño dentro da súa campaña “Queremos Tren”

Imaxe da recollida de sinaturas onte en Miño
Imaxe da recollida de sinaturas onte en Miño

En Miño despois da supresión de frecuencias de tren e de autobús quedamos cun transporte público que non responde ás necesidades das nosas veciñas e veciños. Reclamamos un tren digno e de calidade e que se revisen as concesións de transporte para garantir as frecuencias necesarias

O BNG recolleu sinaturas no feirón en Miño dentro da súa campaña “Queremos Tren”

Miño, 27 de febreiro de 2022.- O BNG recolleu esta mañá sinaturas no feirón en Miño dentro da súa campaña “Queremos Tren”. Desde o BNG esixen que se reverta o “proceso de desmantelamento da rede ferroviaria galega, que conlevou a supresión de servizos e a eliminación de estacións e apeadeiros e que se viu agravado como efecto da pandemia da covid-19”, afirmaron os nacionalistas. Desde o BNG defendemos unha mobilidade que responda ás necesidades da nosa veciñanza, que una Betanzos cos concellos das Mariñas e coas cidades da Coruña e Ferrol. 

“Pedimos que se execute a modernización do trazado ferroviario entre Ferrol e A Coruña, contemplando a electrificación e dupla vía e construción do bypass de Infesta para favorecer o emprego do ferrocarril en toda a zona urbana A Coruña-Ferrol, acurtando tempos de viaxe entre as dúas cidades e articulando a comunicación entre os diferentes concellos da nosa comarca” engadiron desde o BNG. “Trátase de obras demandadas durante décadas polo BNG e que seguen sen executarse”, criticaron.

“En Miño despois da supresión de frecuencias de tren e de autobús quedamos cun transporte público que non responde ás necesidades das nosas veciñas e veciños. Reclamamos un tren digno e de calidade e que se revisen as concesións de transporte para garantir as frecuencias necesarias”, concluíron.

O BNG recolleu sinaturas no feirón en Miño dentro da súa campaña “Queremos Tren”