Criticamos que o goberno leve ao Pleno unha addenda ao convenio asinado xa hai case un ano para un centro social en Oza

BNG; Oza-Cesuras;
17-novembro-2018

A portavoz nacionalista recordou que este é xa o segundo convenio que o PP na Xunta e no goberno local asinan para este centro de maiores, despois de incumprir o que asinaran no 2016

Criticamos que o goberno leve ao Pleno unha addenda ao convenio asinado xa hai case un ano para un centro social en Oza

Oza dos Ríos, 1 de abril de 2019. O BNG criticou que o concello de Oza leve un acordo de urxencia ao Pleno para aprobar unha addenda ao convenio asinado xa hai case un ano para un centro social en Oza. “ Non fixeron absolutamente nada desde hai un ano e agora xustifican a urxencia na modificación do convenio na cercanía das eleccións municipais”, criticou a portavoz do BNG, “quen reclamou ao Partido Popular que deixe de facer electoralismo con cartos públicos”.

A portavoz nacionalista recordou que este é xa o segundo convenio que o PP na Xunta e no goberno local asinan para este centro de maiores, despois de incumprir o que asinaran no 2016. "O centro de día debera de estar en funcionamento no ano 2018 e unha vez máis, ás portas das eleccións volven traer este asunto, entendemos que exclusivamente para facer propaganda" lembrou a concelleira nacionalista. "O convenio orixinal xa se modificou nunha ocasión, para adiar o prazo e non vemos vontade por parte do goberno de que se leve a cabo" engadiu Busto. 

As nacionalistas aproveitaron para lembrar que en numerosas ocasións reclamaron a rehabilitación do antigo sanatorio do Paraxón e o seu uso como residencia pública para persoas maiores, tal como recollía o proxecto da fusión, “mais o PP sempre votou en contra”.  “Levamos tempo pedindo información concreta sobre este convenio sen que o goberno local nunca nola facilitara polo que pensamos que non hai proxecto ningún máis de 3 anos despois da sinatura do convenio orixinal”, concluíu a portavoz nacionalista. 

Criticamos que o goberno leve ao Pleno unha addenda ao convenio asinado xa hai case un ano para un centro social en Oza