O BNG criticou que o goberno local non facilitase ningún tipo de información sobre a calidade da auga do Mendo no pleno extraordinario celebrado esta mañá

Estefanía Busto: “Manténdose na súa liña de nula transparencia, a única información da que dispomos é a dos medios de comunicación, onde se afirma que desde o Seprona se pediu documentación a este concello é foi negada”

O BNG criticou que o goberno local non facilitase ningún tipo de información sobre a calidade da auga do Mendo no pleno extraordinario celebrado esta mañá

Oza dos Ríos, 6 de decembro de 2023.- O BNG criticou que o goberno local non facilitase ningún tipo de información sobre a calidade da auga do Mendo no pleno extraordinario celebrado esta mañá. “O motivo desta convocatoria foi demandar información sobre os verquidos, funcionamento das depuradoras e a posíbel relación disto co brote de gastroenterite do pasado verán no concello de Betanzos”, explicou a portavoz do BNG, Estefanía Busto. 

“Manténdose na súa liña de nula transparencia, a única información da que dispomos é a dos medios de comunicación, onde se afirma que desde o Seprona se pediu documentación a este concello é foi negada”, engadiu. A portavoz nacionalista preguntou polos motivos que levaron a negar a información requirida. 

“O goberno local non informou de se ten datos das analíticas realizadas no río Mendo por iso solicitamos que as faga públicas para que a veciñanza poida coñecelas”, informou Busto. 

“Desde o BNG e durante anos chamamos á atención sobre os diferentes verquidos nos ríos e na ría, concretamente en Oza e no río Mendo trasladamos ao parlamento hai un ano o verquido na Ponte dos Cabalos”, engadiu Estefanía Busto. 

Desde o BNG lembraron que o goberno local renunciou ao mantemento da área de Reboredo e descoñecemos a calidade da auga porque pediu que a sacaran das zonas de analíticas da Xunta. 

“Esixiremos por escrito acceso a toda a información que teña o concello sobre este tema, e seguiremos insistindo no Parlamento de Galiza para que se fagan públicos os resultados das diferentes analíticas e se fagan melloras no saneamento e depuración dos concellos para garantir a calidade da auga nos ríos e na ría de Betanzos”, concluíu a portavoz do BNG. 

O BNG criticou que o goberno local non facilitase ningún tipo de información sobre a calidade da auga do Mendo no pleno extraordinario celebrado esta mañá