Demandamos axilidade para a posta en marcha da cuadrilla de limpeza e prevención de lumes
Como en anos anteriores, o BNG de demadou que se adiantase o proceso de contratación do persoal para as cuadrillas de limpeza e prevención de lumes de xeito que estas puidesen estar operativas a primeiros de Maio. Un ano máis, có mes de xuño xa ben avanzado, vemos como nada se ten feito pola limpeza das vías públicas e a prevención de incendios
Coirós, 15 de xuño de 2018. Como en anos anteriores, o BNG de demadou que se adiantase o proceso de contratación do persoal para as cuadrillas de limpeza e prevención de lumes de xeito que estas puidesen estar operativas a primeiros de Maio.
“Este non é o modelo de xestión da biomasa e prevención de lumes que o BNG defende, mais sendo o que se utiliza no concello de Coirós exiximos que, cando menos, se faga dun xeito áxil para que os traballos comecen cando xa a vexetación representa un perigo ás beiras dos núcleos habitados e nas interseccións dos camiños ao restar visibilidade”, explicou a portavoz do BNG de Coirós, Pura Ferreño.
No pleno de 10 de Maio a voceira Pura Ferreño presentou varias preguntas en relación con este asunto. A resposta do concello foi igual de indefinida que en anos anteriores, á espera, segundo palabras do alcalde Francisco Quintela, “da subvención da Xunta de Galicia”.
“Resulta curioso, e até insultante, que un goberno que presume de superávit nas contas, non sexa quen de adiantar os cartos para comezar os traballos de prevención o antes posíbel”, criticou a voceira nacionalista.
Finalmente a convocatoria foi publicada na web do concello o 25 de maio con un prazo para enviar solicitudes de só 5 días. As nacionalistas manifestan que este prazo é pouco apropiado para garantir unha correcta publicidade que garanta que todas as persoas do concello que o desexen poidan acceder en igualdade de condicións a estas prazas.
“Un ano máis, có mes de xuño xa ben avanzado, vemos como nada se ten feito pola limpeza das vías públicas e a prevención de incendios”, concluiu Ferreño.