O BNG trasladará de novo ao Pleno do Concello e ao Parlamento galego a situación do Centro de Saúde
O BNG trasladará de novo ao Pleno do Concello e ao Parlamento galego a situación en que se encontra o Centro de Saúde de Coirós. Xa reclamamos o amaño do centro de saúde o pasado mes de marzo tanto no Pleno como, a través dos nosos compañeiros, no Parlamento galego.
Coirós, 8 de setembro de 2014. O BNG trasladará de novo ao Pleno do Concello e ao Parlamento galego a situación en que se encontra o Centro de Saúde de Coirós. Xa reclamamos o amaño do centro de saúde o pasado mes de marzo tanto no Pleno como, a través dos nosos compañeiros, no Parlamento galego. A resposta do alcalde naquel momento foi que as humidades e o estado de conservación do Centro de Saúde se debían as choivas do inverno e que os arranxarían cando chegara o bo tempo. Mais xa pasou o verán e no mes de setembro a situación do Centro de Saúde é exactamente a mesma, explicou Pura Ferreño, voceira do BNG en Coirós.
No Parlamento galego o Partido Popular nin sequera tivo a ben contestar ás iniciativas do BNG sobre a necesidade de acondicionar o centro de saúde que presentamos tamén no mes de maio, criticou Ferreño. O PP tanto desde o concello como desde a Xunta desentendeuse deste tema e 6 meses despois o centro de saúde segue nas mesmas condicións sen que se fixese ningún esforzo por solucionar as deficiencias que presenta.
O PP tanto desde o concello como desde a Xunta desentendeuse deste tema e 6 meses despois o centro de saúde segue nas mesmas condicións sen que se fixese ningún esforzo por solucionar as deficiencias que presenta
O edificio ten numerosas humidades e desconchadose e non ten unhas condicións de limpeza axeitadas. Pensamos que son arranxos que non requiren un grande orzamento nin unha planificación complicada, simplemente vontade de solucionalo, indicou a voceira do BNG. Non é de recibo que no concello de Coirós sobren cartos do orzamento todos os anos e teñamos servizos básicos como o centro de saúde nestas condicións, concluíu Ferreño.