O BNG de Coirós demanda a mellora dos accesos aos núcleos de Queirís, Colantres e Os Chas desde a estrada N-VI

Queirís
Queirís

As recentes obras de mantemento na estrada N_VI no termo municipal de Coirós teñen xerado moita desconformidade na veciñanza da zona de Os Chas, Colantres e Queirís. “O pintado actual impide manobras de acceso e saída de núcleos que antes si podían realizarse” indica a nacionalista Pura Ferreño.

O BNG de Coirós demanda a mellora dos accesos aos núcleos de Queirís, Colantres e Os Chas desde a estrada N-VI

Coirós, 11 de Setembro do 2020.- O BNG de Coirós solicita ante o Ministerio de Fomento que se atendan as demandas das veciñas e veciños para mellorar os accesos aos lugares de Queirís, Colantres e Os Chas desde a estrada N-VI

As recentes obras de mantemento na estrada N_VI no termo municipal de Coirós teñen xerado moita desconformidade na veciñanza da zona de Os Chas, Colantres e Queirís. “O pintado actual impide manobras de acceso e saída de núcleos que antes si podían realizarse” indica a nacionalista Pura Ferreño.

Apunta a voceira do BNG que “para este tramo existe un proxecto de mellora da seguridade viaria ao que as veciñas e veciños, teñen presentado numerosas emendas. Entre elas unha que recolle a necesidade de facer máis anchas as beiravías e habilitar illas de incorporación para facer máis seguras as entradas/ saídas aos distintos lugares e aldeas”

Tamén o BNG levou esta e as outras emendas diante do Pleno para que foran apoiadas pola Corporación, e preguntou polo tema ao Goberno do Estado “ A día de hoxe non tivemos resposta algunha por parte da delegación de Fomento nin do Goberno. E chama moito a atención que unha obra que tanto PP coma PSOE dixeron que sería inmediata sexa ignorada para facer un mantemento que non corrixe a inseguridade no cruce de Queirís”, engade Pura Ferreño.

Chegados a este punto o BNG, a través do seu deputado nas Cortes Nestor Rego, requerirá de novo ao Goberno do Estado que tome as medidas necesarias para mellorar a seguranza no cruce de Queirís e que atenda as propostas das veciñas e veciños
O BNG de Coirós demanda a mellora dos accesos aos núcleos de Queirís, Colantres e Os Chas desde a estrada N-VI