Presentamos hoxe a nova páxina web onde se pode encontrar o programa de goberno para Bergondo

bergondo pequena 2

A web que se pode consultar no enlace bergondo.bng.gal, explica o programa dos nacionalistas por bloques temáticos e tamén desde o programa en papel terá acceso a través dun código QR

Presentamos hoxe a nova páxina web onde se pode encontrar o programa de goberno para Bergondo

Bergondo, 7 de maio de 2017. O BNG presentou hoxe a súa nova páxina web onde se pode encontrar o programa de goberno para Bergondo, a candidatura e onde se irá colgando máis información relacionada cos actos e encontros públicos da campaña. A web que se pode consultar no enlace bergondo.bng.gal, explica o programa dos nacionalistas por bloques temáticos e tamén desde o programa en papel terá acceso a través dun código QR.

“Tratase dun proxecto para darlle vida ao concello e facelo máis humano”, explicou o candidato á alcaldía de Bergondo, David Carro. “Recolle propostas para avanzar en todos os eidos da acción municipal, aínda que un dos eixos fundamentais da nosa acción vaise centrar no benestar social e a igualdade”, engadiu o candidato nacionalista.

“Bergondo é o segundo concello galego con máis renta per capita e temos uns servizos que deixan moito que desexar en todas as áreas que dependen do goberno. Carecemos de Centro de día ou xeriátrico público, temos moito que mellorar a nivel de actividades extraescolares e cultura, moitas das nosas veciñas e veciños vense obrigados a mandar ás crianzas a unha escola infantil privada pola falta de prazas e temos mesmo problemas cos servizos básicos como o saneamento e a traída de auga”, explicou o portavoz do BNG.

“O problema en Bergondo non é de falta de recursos, vemos todos os anos como quedan cartos sen gastar do orzamento, o problema é de falta de proxecto político. Nós temos unhas propostas claras e realizábeis para Bergondo e queremos dalas a coñecer á veciñanza é para iso creamos esta web e temos tamén en papel as nosas propostas coas que conseguir transformar Bergondo”, concluíu.  

Presentamos hoxe a nova páxina web onde se pode encontrar o programa de goberno para Bergondo