O BNG de Bergondo presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais

BNG-BERGONDO;

CANDIDATURA;

19-marzo-2019

“Estamos encantados de presentar un grupo para cambiar Bergondo, con humildade e ilusión. Podemos dicir orgullosos que levamos 4 anos traballando con seriedade e constancia desde fora da corporación polos intereses da veciñanza e que estamos seguros de que imos entrar con forza no concello o vindeiro 26 de maio”

O BNG de Bergondo presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais

Bergondo, 5 de abril de 2019. O BNG de Bergondo presentou hoxe a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. “Trátase dunha lista  renovada na que se integran persoas procedentes do asociacionismo cultural e veciñal, e outras que participan de xeito independente, que viron como BNG é a única opción seria e responsable para que se produza o cambio que Bergondo precisa" indicou o portavoz e candidato nacionalista David Carro. 

Xunto a David Carro, actual portavoz e candidato, forman parte do primeiro tramo Miguel Angel Nogueira, de Ouces, no segundo posto, un histórico da política local, no número tres Sonia Santiago, membro da Asociación Cultural Os Sobraos e da asociación Xuntos As Mariñas, Francisco Barreiro "Curuxo", de Guísamo e a catedrática do Conservatorio superior de Música da Coruña, Paz Pita. Xa no segundo tramo, Dani Abelleira, de Lubre, xestor de almacén, Marga Esteban, do colectivo de pensionistas da CIG, ou Lourenzo Castro, de Carrio. Pechará a candidatura o que fora portavoz dos nacionalistas bergondeses, Oscar Pousada. 

“Estamos encantados de presentar un grupo para cambiar Bergondo, con humildade e ilusión. Podemos dicir orgullosos que levamos 4 anos traballando con seriedade e constancia desde fora da corporación polos intereses da veciñanza e que estamos seguros de que imos entrar con forza no concello o vindeiro 26 de maio”, indicou Carro.

“Queremos que Bergondo brille con luz propia e se coñeza polos seus éxitos e as súas potencialidades. A nosa situación xeográfica, a medio camiño entre as cidades da Coruña e Ferrol é unha oportunidade para o noso desenvolvemento socioeconómico”, engadiu o candidato do BNG, David Carro, “quen rematou agradecendo a todas as persoas que están participando e ofrecendo ideas e ilusión ao proxecto do BNG”. 

Esta é a candidatura completa do BNG de Bergondo:

1.       David Carro Temprano

2.       Miguel Angel Nogueira Canle

3.      Sonia Santiago Rodríguez

4.       José Francisco Barreiro Prado, “Curuxo”

5.       Mª Paz Pita Vázquez (independente)

6.       Daniel Gregorio Abelleira Boutureira

7.      Margarita Esteban Fernández

8.       Lourenzo Castro Pérez

9.       Manuel Casais Dominguez (independente)

10.       Ana Tacón Regueiro

11.       Angel Tomé Ares

12.      Ana Mª Seoane Bermúdez

13.       Irene Esteban Fernández

Suplentes:

1.      Oscar Pousada Iglesias

 

O BNG de Bergondo presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais