Apoiamos as reivindicacións de maior seguridade viaria San Paio
O portavoz nacionalista David Carro acompañado de outros membros do BNG local participou esta maña na primeira das tres concentracións convocadas pola veciñanza
Bergondo, 15 de febreiro de 2020. O BNG de Bergondo expresou o seu apoio as concentracións convocadas pola veciñanza de San Paio, en Guísamo, en demanda de maior seguridade viaria na zona, pola que levan anos agardando.
O portavoz nacionalista David Carro acompañado de outros membros do BNG local participou esta maña na primeira das tres concentracións convocadas pola veciñanza.
“A veciñanza de San Paio leva moito tempo agardando por estas obras, nos sempre os apoiamos para conseguilo, dentro das nosas posibilidades, e aí seguiremos ata acadar unha solución a esta problemática” indicou o concelleiro nacionalista, “o BNG esta do lado da veciñanza e do interese xeral, e seguiremos demandando como vimos facendo unha solución á seguridade viaria nunha estrada tan utilizada como esta que une a N-VI en Guísamo coa N-550 en Guiliade” concluíu Carro.