O BNG celebra que a Deputación aprobara de novo a 1ª fase das obras entre Guisamo e Guiliade
Bergondo, 3 de marzo de 2014. O pleno da Deputación celebrado o pasado venres aprobou de novo a 1ª fase das obras da estrada San Paio (Guisamo) Guiliade, despois de que o ano pasado fora declarada a súa caducidade, explicou David Carro do BNG de Bergondo, esta obra foi fortemente demandada durante anos polos veciños e veciñas do lugar co apoio do BNG.
O Plan que se ven de aprobar recolle unha parte das demandas do BNG e a veciñanza e realizaranse entre os puntos 0 e 0.48 da mencionada via, dotandoa dun maior ancho, beirarúas e zona de aparcamento, explicou Carro. Aínda así, segue pendente a aprobación da 2ª fase das obras, que se correspondenrían co tramo comprendido entre a finca Villa Julia e o límite co concello de Betanzos, e do que nada se sabe aínda.
É previsíbel que as obras comecen como moi cedo a finais de ano despois de que se tivese que comezar de novo todo o procedemento debido a inactividade da Deputación provincial, a pesar da presión do BNG e da propia veciñanza, indicou Carro. Abrirase agora un prazo de exposición pública no que a veciñanza pode consultar o proxecto e realizar as alegacións que estimen necesarias.
Desde o BNG parabenizamonos por este pequeno paso, pero continuaremos vixiantes para que por fin se execute, e se axilice a 2ª fase desde Villa Julia ao limite con Betanzos
Desde o BNG puxéronse a disposición da veciñanza para axudalos na consulta do proxecto e anuncian que realizarán un acto público para explicarllo a todos os veciños e veciñas e axudarlles na redación de alegacións se fose necesario. Despois da exposición pública, o expediente será remitido á Xunta e realizaranse as expropiacións necesarias, senón deixan caducar de novo un proxecto tan necesario para a seguridade viaria dos veciños e veciñas, explicou David Carro.
Desde o BNG parabenizamonos por este pequeno paso, pero continuaremos vixiantes para que por fin se execute, e se axilice a 2ª fase desde Villa Julia até o Concello de Betanzos-, concluíu Carro. O BNG seguira a defender os intereses dos veciños e veciñas de San Paio que reclaman maior seguridade vial para esta zona que soporta unha elevada densidade de tráfico, antes que facerlle o xogo a un particular dunha "finca" privada.