O BNG considera que o PP deixou de ser alternativa de goberno para a Aranga
A crise do Partido Popular no concello de Aranga pon de manifesto que estamos ante un goberno municipal absolutamente esgotado. Nin o PP de Alberto Platas nin ningunha outra familia política do Partido Popular é xa unha alternativa de futuro na que poidan confiar os veciños e as veciñas de Aranga,
Aranga, 11 de Outubro de 2014. A crise do Partido Popular no concello de Aranga pon de manifesto que estamos ante un goberno municipal absolutamente esgotado. Nin o PP de Alberto Platas nin ningunha outra familia política do Partido Popular é xa unha alternativa de futuro na que poidan confiar os veciños e as veciñas de Aranga, segundo vén de manifestar o portavoz municipal do BNG neste concello, Xosé Manuel López Crespo, tras coñecerse a fractura no seo do PP local e a demisión dunha concelleira e dun concelleiro do grupo municipal do goberno.
O BNG considera que detrás desta crise de goberno no concello de Aranga e da división interna do PP só hai unha fonda pelexa dentro do propio PP por controlar a alcaldía. O actual alcalde saíu elexido e gobernou durante todo o mandato cos votos das persoas que agora veñen de demitir, polo que non é creíbel que esteamos ante unha verdadeira preocupación polos problemas do municipio ou ante dúas formas distintas de gobernar.
Para o Bloque Nacionalista Galego é hora de pasar páxina, de abrir un novo ciclo político no concello de Aranga, cun goberno municipal que responda ás necesidades e aos problemas do conxunto dos veciños. Nunca como agora estivo tan claro que hai que xubilar ao PP se queremos que Aranga teña outro futuro.
A crise do Partido Popular no concello de Aranga pon de manifesto que estamos ante un goberno municipal absolutamente esgotado
Mesmo por hixiene democrática. As veciñas e os veciños de Aranga merecemos outro goberno municipal e un proxecto de futuro para os próximos vinte anos que non pode vir xa da man do PP nin de ningunha das súas escisións, remata dicindo o concelleiro do BNG.