Parque eólico Felga
Novas
Monte do Gato

O BNG solicitou que se sometan a un novo período de información pública os parques eólicos Felga e Gato

“Este proxecto é completamente diferente ao que no seu día se someteu a exposición pública, o que provoca unha situación de indefensión, polo que solicitamos que a Xunta esixa un novo estudo de impacto e un novo período de información pública. Este estudo deberá ser conxunto para todos estes parques, como recoñecían xa os informes da declaración de impacto do Felga, estase producindo un fraccionamento dos proxectos cando se trata dun único parque eólico que comparte subestación, accesos e liñas de evacuación”

Ler novas
Novas
Imaxe da visita ao Monte do Gato

O BNG criticou que a declaración de impacto da Xunta non obrigue a un estudo conxunto dos parques eólicos e infraestruturas de evacuación no Monte do Gato

“A propia Xunta dáse conta das aberracións que supoñen estes Parques cunha enorme afectación ambiental, neste caso ás Brañas do Deo, propostas para a ampliación da Rede Natura e vai poñendo parches que nada solucionan e que fan imposíbel para a veciñanza seguir as tramitacións, provocando indefensión porque xa non se sabe nin onde van os muíños nin nada”

Ler novas
Novas
Imaxe do mapa do Parque Eólico proxectado

O BNG amosou a súa preocupación pola tramitación de cinco parques eólicos no Monte do Gato, entre os concellos de Coirós, Aranga e Oza-Cesuras

O BNG presentou alegacións á tramitación do Parque Eólico Felga, o primeiro destes cinco parques que estivo en exposición pública até o pasado 31 de decembro e anunciou que o fará tamén na tramitación dos outros parques eólicos para esixir que se valore conxuntamente o impacto destes 40 aeroxeneradores.

A nacionalista apelou a poñer no centro o interese público as  garantías ambientais e o retorno económico e social da enerxía eólica e pediu que a instalación destes parques repercuta na factura da luz do conxunto da veciñanza dos concellos de Coirós, Aranga e Oza-Cesuras. 

Ler novas