O PP vota en contra da alegación do BNG ao orzamento para 2014 para rebaixar o salario do alcalde
Oza dos Ríos, 26 de decembro de 2013. No Pleno ordinario celebrado esta mañá, o PP votou en contra das alegacións do BNG ao Orzamento para 2014. O BNG tamén cuestionou o incremento do salario de González Cacheiro, que ascende até os 56 084 euros brutos ao ano, o presidente anunciou nun programa de televisión que ía renunciar á suba do salario, mais hoxe o PP aprobou definitivamente os orzamentos e non contemplan a baixada salarial, afirmou Busto. A isto hai que engadirlle os 11 760 euros ao ano para unha media dedicación, o que fai un total de 67 984 euros ao ano só en dous salarios, engadiu a concelleira nacionalista. Xa vemos a produtividade do alcalde, hoxe nin sequera asistiu ao pleno ironizou.
Os gastos de órganos de goberno non quedan aí: 13 000 euros para atencións protocolarias, 11 000 para locomoción e 38 240 para dietas dos órganos de goberno, o que resulta un total de 130 084 euros destinados a gastos de órganos de goberno engadiu a voceira nacionalista. Parécenos como mínimo insultante que se destinen estes cartos á gastos de órganos de goberno mentres hai parroquias que non teñen cubertos os servizos básicos como o subministro de auga potábel ou o saneamento, mais vese que o PP pensa antes nos seus propios intereses que no benestar da veciñanza concluíu Busto.
Parécenos insultante que se destinen 130 084 euros á gastos de órganos de goberno mentres hai parroquias que non teñen cubertos os servizos básicos como o subministro de auga potábel ou o saneamento, mais vese que o PP pensa antes nos seus propios intereses que no benestar da veciñanza
A portavoz nacionalista, Estefanía Busto puxo en cuestión unha vez máis a transparencia da alcaldía a estrutura interna dos documentos, con partidas xenéricas fan que, na práctica, se permita que os cartos públicos se gasten en calquera cousa, non necesariamente na prevista no orzamento, explicou a portavoz do BNG Estefanía Busto, é imposíbel que poidamos saber realmente en que se gastan os cartos de todos e todas.
Moción para garantir o subministro eléctrico a persoas sen recursos
O BNG levou ao pleno unha moción para demandar a Xunta e Concello que soliciten diante do goberno do estado os cambios lexislativos necesarios para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza e, entre tanto, adopte medidas prácticas para evitar as dramáticas consecuencias desta problemática nos fogares galegos máis desfavorecidos. Vímonos obrigados a presentar esta moción polo trámite de urxencia, xa que o PP se negou a incluíla na orde do día, informou Busto, a moción aprobouse por unanimidade, supoñemos que ao non estar o alcalde o PP non tiña claro que votar, xa que noutros concellos da comarca se negaron a aprobar esta proposta.
Os recortes do PP en servizos públicos e a redución nas prestacións por desemprego e o encarecemento do recibo da luz fan que cada vez máis persoas sen prestacións e sen emprego poidan facer fronte ao seu pagamento, situación que se agrava no inverno, explicou Busto, o que reclamamos é que ningunha persoa quede sen subministro eléctrico.