O BNG criticou que o PP se negase a apoiar a súa alegación para converter en viveiro de empresas
Bergondo, 2 de xaneiro de 2014. O BNG denunciou o deterioro do edificio de Bos que ata hai uns anos acolleu o laboratorio lácteo LIGAL. Os nacionalistas advirten de que o edificio padece un deterioro moi evidente e critican que coa súa pasividade a Xunta esté consentindo que o inmoble, construído con cartos públicos, se esté estragando.
Desde o BNG critican que o PP votase en contra de destinar 200 000 euros nos orzamentos da Xunta para este 2014 para rehabilitar o edificio e convertilo nun viveiro de empresas. Os nacionalistas presentaron esta alegación aos orzamentos da Xunta tras ver a boa acollida que a súa proposta recibiu hai meses entre os empresarios do concello debido á proximidade deste inmoble ao polígono industrial.
O BNG propuxo que o PP destinase 200 000 euros dos orzamentos da Xunta, para evitar o mais que evidente deterioro deste edificio público
É un estrago permitir que o edificio se vaia arruinando pouco a pouco en lugar de invertir nel unha cantidade modesta e que volva a prestar servizos á veciñanza, advirten os nacionalistas. Canto máis tempo pase no actual estado de abandono, máis cartos farán falla logo para amañalo, insisten.
O uso do edificio para sede do consorcio contradí a reforma da Lei Local
O PP aproba unha lei local que persigue desmantelar os consorcios de concellos pero o PP desde o Consorcio reclama máis edificios públicos, é un sensentido
Os nacionalistas critican, ademais, que o Consorcio das Mariñas, por medio do seu presidente e alcalde de Abegondo do PP, reclame á Xunta o edificio. O PP aproba unha lei local que persigue desmantelar os consorcios de concellos pero o PP desde o Consorcio reclama máis edificios públicos, é un sensentido, indican, no Partido Popular teñen que definir cal é o modelo que pensan aplicar na ordenación do territorio porque a modificación da lei local, vai na liña completamente oposta.