Galiza Nova denuncia que o PP en Irixoa apoia o copagamento do comedor escolar

Galiza Nova denuncia que o PP en Irixoa apoia o copagamento do comedor escolar

Irixoa, 11 de xullo de 2013. Galiza Nova das Mariñas denuncia o rexeitamento do PP a apoiar a moción do BNG en Irixoa contra o desmantelamento dos servizos educativos no rural practicado que está practicando o PP na Xunta.

“No pleno do pasado 5 de xullo o PP en Irixoa votou en contra dunha proposta do BNG para evitar o copago do servizo de comedor”, indicou o responsábel de Galiza Nova das Mariñas, Tomé Laxe.  “As medidas de destrución do ensino público concrétanse agora nun recargo nas taxas do servizo de comedor do CEIP Virxe da Cela, en Monfero, o que suporá un gasto a maiores para as familias de entre 175 e 780 €”.

“Este ‘repagamento’ é un duro golpe para a economía das clases populares dunha comarca rural castigada historicamente polo desleixo das distintas administracións de dereitas e pola falta de instalación e mantemento de servizos públicos básicos e de calidade”, criticou.

“As medidas de destrución do ensino público concrétanse agora nun recargo nas taxas do servizo de comedor do CEIP Virxe da Cela, en Monfero, que suporá un gasto a maiores para as familias de entre 175 e 780 €”

“O propio Partido Popular votou dividido contra esta moción - 4 votos de 7 cos que conta-, nin sequera eles mesmos apoian as súas propias medidas de recorte de servizos”, explicou,  “Aínda así, chegaron a afirmar que era mellor o peche do centro que o seu mantemento”.

“A Corporación e o Grupo Popular de Irixoa esconden a cabeza, retrasando irregularmente un pleno que debérase ter celebrado o 26 de xuño por segundo o alcalde “falta de asuntos de interese”. Por suposto, o pleno foi posposto convenientemente cando xa o curso tiña rematado para que os pais e nais tiveran mais difícil ter información sobre este tema”, censuraron

Galiza Nova das Mariñas solicita ao Partido Popular de Irixoa e ao PP a inmediata rectificación sobre o ‘repagamento’ dos servizos de comedor no CEIP Virxe da Cela e o apoio aos intereses lexítimos da veciñanza para demostraren dunha vez por todas traballan para os veciños e veciñas e non na defensa dos seus propios intereses. “Do contrario, son e continuarán sendo cómplices do roubo ao futuro da comarca e do país no seu conxunto”, concluíu.

Galiza Nova denuncia que o PP en Irixoa apoia o copagamento do comedor escolar