O BNG de Bergondo reclama a limpeza dunha finca en Ouces
Bergondo, 9 de xullo de 2013. O BNG de Bergondo ven de reclamar a limpeza dunha finca de considerables dimensións situada na parroquia de Ouces, concretamente na estrada Armuño - Sada, na marxe esquerda entre os nºs 5 e 18 da mencionada vía.
O estado de abandono da parcela é fácilmente constatable cunha visita ao lugar, como así fixeron representantes do BNG de Bergondo en días pasados acompañados de veciñas e veciños do lugar.
Estes veciños e veciñas trasladaron as súas queixas ao Goberno Local de PSOE e VB en diversas ocasións mais non recibiron solución ao problema
Segundo trasladaron estes veciños e veciñas aos nacionalistas esta parcela leva máis de tres anos sen limpar o que provoca que sexa un nido de suciedade, lixo, ... e un perigo en tempadas de fortes temperaturas como as que estamos a vivir. Os residentes nesta zona viven atemorizados ante o alto risco de incendio que isto provoca.
Estes veciños e veciñas trasladaron as súas queixas ao Goberno Local de PSOE e VB en diversas ocasións mais non recibiron solución ao problema.
O BNG de Bergondo esixe do Goberno Local que tome as medidas oportunas cos propietarios da parcela para que procedan a súa limpeza na maior brevidade, e en caso de non ser así, que o Concello actue subsidiariamente pasando posteriormente os custos da limpeza aos propietarios.